Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2017 Páx. 11341

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017 pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución do 19 de xullo de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 28 de abril de 2016, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, facultando ao director xeral a súa convocatoria e publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal se levou a cabo o 3 de agosto de 2016.

No ordinal cuarto do resolvo aparece unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. Unha vez ditadas as resolucións correspondentes ás convocatorias 2016-1, 2016-2 e 2016-3, rexístranse servizos excedentes en determinadas tipoloxías de servizo. Co fin de asegurar a correcta execución do programa, cómpre reasignar os servizos excedentes á convocatoria restante (2017-1).

A modificación da convocatoria de servizos non supón un maior gasto, dado que a suma dos servizos consumidos ata o de agora máis a distribución que se propón nesta modificación dá un total de servizos idéntico ao inicialmente convocado.

En virtude destes antecedentes, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a distribución de servizos para a próxima convocatoria 2017-1, prevista no ordinal cuarto do resolvo da Resolución do 19 de xullo de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que quedaría configurada do seguinte xeito:

Servizo

2017-1

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

12

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

20

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo-Ourense)

12

Mellora xestión financeira e procura de finanzamento

0

Optimización da produción e cadea loxística

23

Asesoramento para o relanzamento comercial

0

Implementación de xestión por procesos

11

Mellora da imaxe e comunicación empresarial

1

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

14

Asesoramento no desenvolvemento de plans de acción

11

Elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

12

Identificación de redes de cooperación e socios

6

Asesoramento para a redefinición de negocio

5

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica