Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de técnico/a da escala de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 38, do 15 de febreiro de 2017, deuse publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria das probas do proceso de selección, mediante oposición, para cubrir unha praza vacante neste concello, de funcionario de carreira pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O Barco de Valdeorras, 15 de febreiro de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde