Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do expediente sancionador OU-S-30/2016 e un máis, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.
Os interesados poderán recoller as correspondentes resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.
Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes e deberán aboar os importes das multas nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou o hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Ourense, 24 de febreiro de 2017
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-S-30/2016
Titular sancionada: Tania Iglesias Villar.
Establecemento: O Curruncho do Toño.
Domicilio: Triunfo, 5.
Localidade: Ourense.
Resolución: 16 de decembro de 2016.
Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Sanción: seiscentos (600) euros.
Expediente: OU-S-65/2016
Titular sancionado: Omar Infante Mesa.
Establecemento: La Finca.
Domicilio: Eloy Rodríguez Barrio, 45.
Localidade: O Barco de Valdeorras.
Resolución: 7 de febreiro de 2017.
Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Sanción: seiscentos (600) euros.