Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-35/2016 RE e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 15 de febreiro de 2017

Victoria Núñez López
Xefa territorial en Ourense

ANEXO

Expediente: OU-35/2016 RE.

Denunciado: Ioan Encea/Constantin Adrian Cirlan/Gheorghe Murariu.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-46/2016 RE.

Denunciado: Daniel Montoya Salazar.

Acto notificado: resolución de expediente.