Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (avda. Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar) en Pontevedra. Teléfono: 986 80 54 33.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expte.

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

R-17

Manuel Fontán Farto

Trámite de audiencia

Godos (Caldas de Reis-Pontevedra)

R-3

Otilia Sánchez Lorenzo

Trámite de audiencia

Godos (Caldas de Reis-Pontevedra)