Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12172

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO polo que se convoca a praza de director/directora xerente.

A Fundación Deporte Galego é unha fundación de interese galego para o fomento do deporte e a práctica deportiva no seu ámbito de actuación, ten a consideración de medio propio e instrumental da Xunta de Galicia e está adscrita á Secretaría Xeral para o Deporte.

O Padroado da Fundación, na súa sesión do 7 de marzo de 2017, acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/directora xerente da Fundación Deporte Galego.

En execución do dito acordo, mediante este anuncio convócase a praza de director/directora xerente en réxime de persoal de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

As bases e condicións atópanse na web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.gal/ e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

Marta Miguez Telle
Presidenta da Fundación Deporte Galego