No Diario Oficial de Galicia núm. 44, do 3 de marzo de 2017, publicouse a Resolución do 22 de febreiro, pola que se anuncia a licitación da subministración de vestiario e calzado para o persoal da AGI (Axencia Galega de Infraestruturas), de clave SC/17/007.08 e referencia S/001/2017.
Advertidos erros na publicación do prego de prescricións técnicas particulares relativas ao vestiario e calzado que rexe esta licitación, procédese a efectuar as oportunas rectificacións:
Na páxina 11, no apartado composición do ANORAK EPI, onde di: «2000mm/2000mvp»; debe dicir: «5000mm/5000mvp».
Na páxina 22, no apartado deseño de ZAPATOS DE INVERNO, onde di: «piso de sola»; debe dicir: «piso de goma».
Polo tanto, o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 29.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas