Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13092

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2017 referente á convocatoria para prover unha praza de técnico de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 43, do 2 de marzo de 2017, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

– Unha (1) praza de técnico de Administración xeral pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, clase superior, encadrada no grupo de titulación A, subgrupo A1, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Marín, 2 de marzo de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta