Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de marzo de 2017 pola que se anuncia inicio de procedemento para a venda directa da embarcación de nome Flores, con matrícula 3ª-CO-4-1893, incautada por Portos de Galicia e depositada no porto de Burela.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 13 de marzo de 2017, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», apartado «Alleamento de embarcacións», o inicio de procedemento para a venda directa da embarcación de nome Flores, con matrícula 3ª-CO-4-1893, incautada por Portos de Galicia.

A resolución de convocatoria, as bases aplicables a esta, e o modelo de proposición económica, poderán ser consultados e descargados a través da páxina web
www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», apartado «Alleamento de embarcacións».

As persoas interesadas en participar, formularán a súa oferta conforme o modelo do anexo III da resolución, e na forma e acompañada da documentación prevista na condición cuarta do anexo II.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o día 28 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia