Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación do domicilio social da entidade Entremuros Gestión y Obras, Sociedad Cooperativa Gallega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do domicilio social da entidade Entremuros Gestión y Obras, Sociedad Cooperativa Gallega, acordada na asemblea xeral do 26.12.2016, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. O novo domicilio establécese na avenida de Oza, nº 52, baixo, local 6, da Coruña (15006).

A Coruña, 9 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña