Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCION do 13 de marzo de 2017 pola que se anuncia a contratación, documentamente simplificada, do servizo relativo ao desenvolvemento de traballos para a avaliación fitosanitaria das masas forestais galegas durante os anos 2017 e 2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (expediente 8/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo relativo ao desenvolvemento de traballos para a avaliación fitosanitaria das masas forestais galegas nos anos 2017 e 2018, cofinanciado co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución total: ata o 15 de decembro de 2018. Prevense prazos parciais en cada anualidade.

e) Admisión de prórroga: prorrogable por 12 meses.

f) CPV: 77231000-8 e 77231500-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 114.202 €; IVE (21 %): 23.982,42 €. Importe total: 138.184,42 €.

Valor estimado: 171.303 €.

5. Financiamento: cunha participación do 75 % de fondos da Unión Europea, a través do Feader (medida 8.3 axuda para a prevención dos danos causados no bosque polos incendios, desastres naturais e catástrofes) nun 7,5 % con fondos da Administración xeral do Estado, e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo O, subgrupo 6, categoría 1, estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (5.710,10 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, CP 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 60 51 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=134603

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: o custo do anuncio no DOG será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural