Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente no desenvolvemento, configuración, instalación e xestión permanente de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2017-002A.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento, configuración, instalación e xestión permanente de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.12.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 156.198,34 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 78.099,17 €.

b) Importe total: 94.500,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 86.625,00 €.

Exercicio 2018: 7.875,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.2.2017.

b) Data de formalización do contrato: 1.3.2017.

c) Contratista: Factoría de Iniciativas de Internet FI2, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 78.099,17 euros. Importe total: 94.500,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 86.625,00 €.

Exercicio 2018: 7.875,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable