Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de ordenanza da casa do concello.

Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo, de datas do 23 de febreiro e do 7 de marzo de 2017 (este último de corrección de erros) publícanse íntegramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario desta entidade, de ordenanza da casa do concello.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 7 de marzo de 2017

Fernando Suárez Barcia
Alcalde