Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15494

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de marzo de 2017 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, xustifícase polas necesidades de persoal das unidades do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Imelga, e as necesidades funcionais e organizativas actuais desta.

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 30 de marzo de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de marzo de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file