Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15511

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de marzo de 2017 pola que se resolve a integración da biblioteca pública municipal Florencio Delgado Gurriarán, do Barco de Valdeorras, na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do secretario xeral de Cultura, e de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro. Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a biblioteca pública municipal Florencio Delgado Gurriarán, do Barco de Valdeorras.

Segundo. A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio en que se recolla a obriga do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo, deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivamento definitivo da solicitude.

Cuarto. O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria