Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15515

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 23 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese a seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 23 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación do conselleiro de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 23 de febreiro de 2016.

Crédito orzamentario 55.992,07 € (cincuenta e cinco mil novecentos noventa e dous euros con sete céntimos), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 547.364,95 € (cincocentos corenta e sete mil trescentos sesenta e catro euros con noventa e cinco céntimos). Aplicación orzamentaria 2016.12.06.313A.481.0. Código procedemento BS306B.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiarias de ámbito provincial ou inferior e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Vigo, 13 de marzo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2016/001-5

Actívate

G36164887

Down Pontevedra

4.500,00 €

2016/002-5

Grupo autoxestores

G36697324

Down Vigo

5.000,00 €

2016/005-5

Mantén limpa a túa montaña desfrutando dela

G36637890

Club Montañeiros Celtas

4.5600,00 € (xustificou 4.050,01 €)

2016/007-5

Emprender a través das novas tecnoloxías

G36124279

Asociación Érguete Baixo Miño

5.000,00 € (xustificou 4.947,79 €)

2016/008-5

Novos usos para os nosos vellos barcos

G36472306

Asociación recreativa e cultural Sueste

2.694,07 €

2016/009-5

Notas musicais para todos

G36116879

Asociación cultural O Castro

Non xustificou

2016/010-5

Bule-bule

G36636538

Asociación xuvenil Xentenova

5.000,00 €

2016/012-5

Mes da okupación moceiril creativa

G36744951

Asociación Xuntanza Xuvenil de Valadares

5.000,00 €

2016/013-5

IV Edición do Programa i+i+D
(innovación+inserción+Diversidade)

G36917037

Asociación xuvenil Xogais

5.000,00 €

2016/016-5

Xuventude Xenerais da Ulla 17

G36472926

Asociación Vello dos Cornos

Presentou renuncia

2016/017-5

Xornadas para a posta en valor e divulgación do patrimonio natural galego

G36578078

Asociación cultural e deportiva ecoloxista Treze Catorze

4.333,00 €

2016/020-5

Novos produtos. Xuventude con actitude emprendedora

G36060341

Asociación escola familiar agraria Efa A Cancela

5.000,00 €