Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15538

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Vistos o Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, que establece axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, e o Regulamento (UE) nº 807/2014, da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.

Coa finalidade de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados e, en particular, o relevo xeracional, dado que esta incorporación require a realización de fortes gastos e investimentos por parte do mozo que en ocasións non farían viable esa incorporación se o esforzo económico tivese que soportarse integramente por el, apróbase o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020 mediante a Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2017 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Artigo 2. Definicións

Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación, para os efectos desta orde, enténdese por:

1. Agricultor activo: titular dunha explotación agraria que cumpre coas condicións establecidas no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014.

2. Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

Considerarase que o solicitante xa tivo actividade agraria propia, e consecuentemente xa foi titular dunha explotación agraria, se xa declarou rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa nalgún exercicio fiscal dos catro rematados con anterioridade á data de solicitude da axuda. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo mozo que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira.

Poderá ter a consideración de agricultor mozo aquel que, sendo titular dunha explotación agraria, esta sexa considerada de autoconsumo ou non comercial.

3. Agricultor profesional: a persoa física, que sendo titular dunha explotación agraria, polo menos o 50 % da súa renda total a obteña de actividades agrarias ou doutras actividades complementarias, sempre e cando a parte da renda procedente directamente da actividade agraria da súa explotación non sexa inferior ao 25 % da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

Para estes efectos, consideraranse actividades complementarias a participación e presenza da persoa titular, como consecuencia de elección pública, en institucións de carácter representativo, así como en órganos de representación de carácter sindical, cooperativo ou profesional, sempre que estes se atopen vinculados ao sector agrario. Tamén se considerarán actividades complementarias as de transformación dos produtos da explotación agraria e a venda directa dos produtos transformados da súa explotación, sempre e cando non sexa a primeira transformación especificada no número 1 do artigo 2 da Lei 19/1995, así como as relacionadas coa conservación do espazo natural e protección do ambiente, o turismo rural ou agroturismo, igual que as cinexéticas e artesanais realizadas na súa explotación.

4. Exercer o control da explotación: no caso de mozos que se instalan nunha persoa xurídica, entenderase que o mozo exerce o control efectivo sobre a persoa xurídica cando as accións ou participacións do mozo supoñan polo menos un capital social igual ou superior ca o socio con maior participación, e ademais formen parte da xunta reitora ou órgano de goberno.

5. Gastos xerais dos proxectos: os custos xerais vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios de enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade e plans empresariais, aos cales se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) nº 1305/2013, non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento; asígnase un 3 % á redacción do proxecto, un 3 % á dirección de obra, un 3 % ao estudo de viabilidade ou plan empresarial e un 3 % ao asesoramento.

6. Pequena explotación: aquela explotación que figure inscrita desde hai mais dun ano no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e cuxa renda unitaria total (RUT) se atope entre os seguintes parámetros:

– Mínimo: a renda unitaria de traballo que se obteña será igual ou superior ao 15 % da renda de referencia.

– Máximo: a renda unitaria de traballo que se obteña será inferior ao 35 % da renda de referencia.

7. Proceso de instalación dun mozo: este proceso iníciase cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

– Alta na Axencia Tributaria, na actividade agraria.

– Alta no réxime especial dos traballadores autónomos, no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios incluído no dito réxime, ou no correspondente réxime da Seguridade Social pola súa actividade agraria.

– Alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia como titular ou socio dunha entidade asociativa titular dunha explotación agraria.

O inicio do proceso de instalación debe ser igual ou anterior, cun prazo máximo de 24 meses, á solicitude da axuda.

O establecemento efectivo producirase na data máis antiga entre as datas de alta na Axencia Tributaria, na Seguridade Social e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. No caso dunha instalación nunha entidade asociativa, considerarase como data de instalación a data máis antiga entre as seguintes: alta ou modificación da situación censual da persoa xurídica na Axencia Tributaria, alta do mozo na Seguridade Social, alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia como socio e data en que se produza o desembolso total que o mozo ten que realizar ao capital social. Enténdese como data máis antiga aquela en que máis tempo transcorreu desde a data da solicitude da axuda.

O proceso de instalación enténdese rematado cando se cumpran todas as condicións mencionadas anteriormente.

8. Proxectos de innovación: entenderase que un proxecto é de carácter innovador se cumpre algún dos seguintes requisitos:

a) Proxecto singular.

b) Posta en marcha dunha nova tecnoloxía, creación de novos produtos ou mellorados que incorporen rasgos específicos locais.

c) Métodos de cooperación conxunta relacionados co aproveitamento das superficies agrarias de forma sustentable económica e ambientalmente.

O carácter innovador poderá estar presente no contido técnico do proxecto (no produto, no procedemento de obtención ou noutro elemento) ou na forma de organización e participación dos actores locais no proceso de toma de decisións e de aplicación do proxecto. A condición de innovador dun proxecto deberá ser acreditada mediante a pertenza á Asociación Europea para a Innovación en Materia de Produtividade e Sostenibilidade Agrícola, a través da participación nun grupo operativo conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ou que a Axencia Galega de Innovación (Gain) acredite ese carácter innovador.

9. Proxectos integrados: proxectos operativos que inclúen actividades de distinta índole que obteñen financiamento a través de distintas medidas do PDR ou doutros fondos comunitarios.

10. Renda de referencia: indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España. A determinación anual da súa cuantía farase en concordancia co previsto ao respecto na normativa da Comunidade Europea e tendo en conta os datos dos salarios publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

11. Rendemento global da explotación: a mellora das explotacións agrarias en termos de mellora do rendemento global suporá unha mellora integral e duradeira na economía da explotación. O plan de viabilidade que se elabore deberá demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos materiais ou inmateriais están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación. Para estes efectos, considerarase que o plan de viabilidade cumpre as condicións establecidas cando, tras a súa realización, non diminúa a renda unitaria de traballo da explotación ou, nos casos en que se incremente número de UTA, non diminúa a marxe neta daquela. Tamén se considerará como investimento que mellore o rendemento global da explotación o que supoña unha mellora nas condicións de traballo ou que mellore as condicións ambientais ou de hixiene e benestar na explotación, sempre que a renda unitaria de traballo non diminúa máis dun 20 %.

12. Unidade de traballo agrario (UTA): o traballo efectuado, de modo directo e persoal, por unha persoa dedicada a tempo completo durante un ano á actividade agraria.

13. Fusión de explotacións: considerarase fusión de explotacións o agrupamento de varios titulares de explotacións agrícolas, persoas físicas ou xurídicas, nunha única explotación, entidade xurídica, nos cinco anos anteriores á presentación da solicitude, que agrupe os bens e servizos de todas as explotacións fusionadas.

Artigo 3. Requisitos dos beneficiarios

Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada beneficiario segundo o tipo de axuda que solicite, todos deben:

1. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude. Agás no caso dun agricultor mozo que se incorpore á actividade agraria, que deberá acadar a condición de agricultor activo dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.

Atendendo á nota técnica nº 01 «agricultor activo e actividade agraria», publicada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o agricultor mozo que se incorpore á actividade agraria poderá acreditar a condición de agricultor activo, como moi tarde, no segundo período impositivo seguinte ao da solicitude da axuda. Así mesmo, no caso de primeiras incorporacións en cultivos que tarden uns anos en entrar en produción, este requisito poderá ser acreditado con posterioridade.

2. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

3. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

i) Ser sancionado por delitos ou infraccións ambientais.

4. Non ter pendente de presentar unha solicitude de pagamento dunha axuda concedida por calquera da tres submedidas obxecto desta orde, na data en que remata o prazo para a solicitude. Excepto no caso dos mozos que incluíron melloras que se van realizar durante a execución do seu plan de empresa, que poderán solicitar o procedemento MR405A.

Artigo 4. Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá achegarse coa solicitude a listaxe completa de persoas solicitantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As actuacións efectuaranse coa persoa representante ou coa persoa interesada que expresamente o sinale e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.

5. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 6. Comezo da subvencionabilidade

Tanto para a axuda que se solicite pola submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, como para os gastos en investimentos necesarios para a posta en marcha da explotación que fan incrementar o importe da axuda da submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos, terase en conta que só serán obxecto da axuda os investimentos efectuados despois de ter presentado a correspondente solicitude ao abeiro da presente orde de convocatoria, coa excepción dos gastos xerais dos proxectos de acordo co punto 2 do artigo 60 do Regulamento 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo a axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e logo de realización da certificación de non inicio (obrigatoria no caso de bens inmobles) realizada por persoal da Consellería do Medio Rural con posterioridade ao prazo de solicitude desta axuda.

Artigo 7. Presentación dos permisos administrativos

Para esta convocatoria, as obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con esta, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso deberán presentar a licenza municipal, como moi tarde, o 15 de setembro de 2017. O mesmo prazo se establece para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial. O non cumprimento destes requisitos suporá a denegación da axuda.

Artigo 8. Tramitación e resolución das axudas

1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes e realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

2. Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, emitirase o correspondente informe do órgano colexiado, que lle formulará a proposta de resolución á persoa titular da Consellería do Medio Rural. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

4. A persoa titular desta consellería, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e os criterios establecidos nesta orde, no prazo de nove meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender rexeitada a súa solicitude.

5. Cada unha das tres submedidas que se convocan ao abeiro da presente orde son analizadas por separado, polo que poderán resolverse de xeito independente.

Artigo 9. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa solicitante, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A notificación da concesión da axuda informará os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, da medida e da prioridade do PDR de que se trate.

Artigo 10. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de obxectivos, conceptos ou variación do orzamento, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa. No caso de redución dos investimentos, sempre que se manteñan os obxectivos iniciais, a subvención concedida verase diminuída na contía proporcional conseguinte. Unha vez concedida a axuda, non se admitirán modificacións do plan de empresa relacionadas coa produción, coas actuacións programadas ou que afecten a orientación técnica da explotación ou a súa viabilidade, salvo que sexan modificacións de menor entidade ou debidas á ampliación do tipo de cultivos e/ou de gandaría (en todo caso, será necesario que a persoa beneficiaria comunique a intención de realizar cambios no plan de empresa aprobado, con anterioridade á súa realización efectiva).

3. Unha vez aprobado o expediente, calquera cambio sobre os investimentos que se aprobaron deberá ser solicitado, como máximo, 6 meses antes de que remate o prazo de execución. A autorización destes cambios será anterior á súa execución e nos casos que sexa necesario irá precedida da correspondente certificación de non inicio. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

Terase en conta o seguinte:

– Os cambios que supoñan a modificación da licenza deben estar autorizados con anterioridade á data da solicitude de pagamento e deberase entregar o proxecto coas modificacións que se van autorizar xunto coa licenza modificada e co resto da documentación exixida no artigo 7 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

– Os cambios que non supoñan a modificación da licenza non será necesario solicitalos e na solicitude de pagamento entregarase o proxecto coas modificacións e coa certificación municipal de non modificación da licenza orixinal xunto co resto da documentación exixida no artigo 7 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Se este tipo de cambios non fosen solicitados e posteriormente autorizados, a axuda certificarase con base na resolución da aprobación.

– Os cambios nas características do mesmo tipo de maquinaria inicialmente aprobada deben ser solicitados para a súa autorización posterior.

Estes cambios sobre os investimentos deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira do Medio Rural, agás aqueles que non supoñan cambios nas características técnicas, que serán autorizados polo xefe do servizo territorial de explotacións agrarias correspondente.

O prazo para resolver estes cambios será de 2 meses. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade o plan de mellora para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos que a solicita, e recalcular a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

5. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

6. A Consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 11. Prazo de xustificación e ampliación

1. O prazo de xustificación destas axudas será:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas baixo esta medida é de 18 meses desde a resolución de aprobación.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos. Estas submedida están supeditada á execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 24 meses a partir da data da instalación do mozo.

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Esta submedida tamén está supeditada á execución dun plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a data de notificación da resolución de aprobación da axuda.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, 2 meses antes de que acabe o prazo de execución.

Tanto a petición das persoas solicitantes como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 12. Recursos administrativos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda rexeitada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución for expresa.

Artigo 13. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 14. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

3. Durabilidade dos investimentos: deberá reembolsarse a axuda se, nos cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, se produce calquera das seguintes circunstancias:

a) Cesamento ou relocalización da actividade produtiva fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cambio da propiedade do elemento que proporcione a un terceiro unha vantaxe indebida.

c) Cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de xeito que se menoscaben os obxectivos orixinais.

4. No caso dun pagamento indebido, atendendo ao disposto no artigo 7 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, se é o caso, os xuros, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

5. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.

d) Destrución accidental dos edificios para o gando da explotación.

e) Epizootia ou enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade do gando ou dos cultivos, respectivamente, do beneficiario.

f) Expropiación da totalidade o dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

6. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria transfira a súa explotación a outra persoa que cumpra os requisitos exixidos e esta asuma os compromisos e as obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 15. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias será a responsable de efectuar os controis en aplicación do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, da Comisión.

2. Os pagamentos calcúlanse sobre a base do que se considera elixible durante os controis administrativos. A autoridade competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe pagadeiro ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe pagadeiro ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado consonte a letra a) supera o importe fixado consonte a letra b) en máis do 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado consonte a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis aló da retirada total da axuda.

Non obstante, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar á satisfacción da autoridade competente que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a autoridade competente adquira doutro xeito a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

A sanción administrativa mencionada aplicarase, mutatis mutandis, aos gastos non admisibles detectados durante os controis sobre o terreo.

3. No caso de que no control administrativo sobre as UTA da explotación na solicitude de pagamento, se o número desas UTA é menor que o que figura na aprobación do expediente na situación prevista, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia a perda do dereito á axuda. Así mesmo, se no caso de que no dito control se verifica que non se cumpren os condicionantes para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito á axuda.

4. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

5. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 ao 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte da persoa solicitante comportará a autorización á autoridade de xestión para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Artigo 17. Publicidade das axudas cofinanciadas polo Feader

Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun:

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas: 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos: 2,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 22,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións: 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

A notificación da concesión da axuda informará os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, da medida e da prioridade do PDR de que se trate.

Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016, da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. Así:

• En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

– O emblema da Unión.

– Unha referencia á axuda do Feader.

• Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

– Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

– No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 €, colocando polo menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo VI, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión así como a bandeira europea e o lema Feader: «Europa inviste no rural», nun lugar ben visible para o público.

– No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 €, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo VI. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo VI, de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada.

Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 18. Transparencia, bo goberno e publicidade

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

3. Asemade, a presentación da solicitude tamén leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Sen prexuízo do disposto no artigo 9, as resolucións de concesión ou denegación da axuda serán obxecto de publicación de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e esta publicación producirá os efectos da notificación.

Artigo 19. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:

Consellería do Medio Rural/Secretaría Xeral Técnica

Edificio Administrativo San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Artigo 20. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

f) Descrición das operacións, consignando todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da factura e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento, non se admitirán pagamentos en metálico.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a) Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

Artigo 21. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00182), para as axudas previstas aos investimentos nas explotacións agrarias, para o ano 2017, catro millóns de euros (4.000.000); para o ano 2018, catro millóns de euros (4.000.000) e, para o 2019, trinta e dous millóns de euros (32.000.000). En total, corenta millóns de euros (40.000.000).

b) 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00183) para as axudas previstas á primeira instalación de agricultores mozos, para o ano 2017, dous millóns de euros (2.000.000); para o ano 2018, dez millóns de euros (10.000.000) e para o 2019, oito millóns de euros (8.000.000). En total, vinte millóns de euros (20.000.000).

c) 13.03.712B 772.0 (CP 2016 00185) para as axudas previstas ao desenvolvemento de pequenas explotacións, para o ano 2017, cincocentos mil euros (500.000); para o ano 2018, dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000) e, para o 2019, dous millóns de euros (2.000.000). En total, cinco millóns de euros (5.000.000).

2. As ditas aplicacións orzamentarias poderanse incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. No suposto de existir remanente nalgunha das anteriores aplicacións, poderíase utilizar para financiar solicitudes da outra aplicación.

CAPÍTULO II
Creación de empresas para os agricultores mozos

Artigo 22. Requisitos dos beneficiarios

Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser agricultor mozo.

b) Cumprir a condición de agricultor profesional.

c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a instalación.

d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando sexa efectiva a incorporación do mozo, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.

e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

f) Cumprir o plan empresarial.

g) Exercer o control efectivo da explotación.

h) Non procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

Así mesmo deberán:

a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.

b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea, coa execución do plan empresarial.

Artigo 23. Modalidades de primeiras instalacións

1. A primeira instalación dun/dunha agricultor/a mozo/a deberá realizarse mediante algunha das seguintes modalidades:

a) Acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación (modalidade 1).

b) Acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria (modalidade 2).

c) Integración como socio/a nunha entidade asociativa (modalidade 3), preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria ou que adquira esta condición coa incorporación do mozo, no caso de ser de nova creación.

d) Acceso mediante titularidade compartida da explotación (modalidade 4).

2. Os cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas, que acrediten que están en réxime de separación de bens no momento da solicitude, serán asimilados ás axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as nalgunha das modalidades indicadas no número 1, e poden ser os dous beneficiarios dependendo da modalidade de instalación. No caso de cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas, que estean en réxime de gananciais e que non tivesen constituído titularidade compartida, só poderán ser beneficiarios das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

i. Cando o/a mozo/a se incorpore nunha explotación en que o titular sexa o seu cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida e constitúan unha sociedade entre si, sempre que a explotación proporcione polo menos unha RUT do 35 % da renda de referencia para cada un dos membros e ambos os dous coticen como UTA na explotación.

ii. Cando se instale por integración como socio/a dunha entidade asociativa, que sexa resultado da fusión de, polo menos, dúas explotacións preexistentes en funcionamento, aínda que figure como socio/a partícipe o outro cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, sempre que a explotación resultante proporcione unha RUT para cada mozo, polo menos, do 35 % da renda de referencia e ambos os dous coticen como UTA na explotación.

Artigo 24. Documentación que deben presentar na solicitude da axuda

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR404A, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo I.

b) Acreditación da persoa representante (se é o caso).

c) Presentar un plan empresarial, redactado por un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente ou por un equipo multidisciplinar en que a memoria e os documentos técnicos específicos que fagan referencia a producións, instalacións ou outros datos agrarios os asine o dito técnico (acreditarase titulación). O plan debe incluír:

1. A situación inicial da explotación agraria.

2. As metas e os obxectivos para o desenvolvemento das actividades da explotación e o detalle das accións requiridas, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia de recursos.

3. Os investimentos e gastos asociados para a instalación do mozo, que garantan a permanencia do mozo durante un mínimo de cinco anos.

4. A formación, asesoramento e calquera outra actividade que se vaia desenvolver.

O plan deberá estar realizado segundo o anexo V.

d) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.

e) Xustificación do nivel de capacitación profesional suficiente. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante denegue expresamente a súa consulta.

f) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, no caso de realizar este trámite simultaneamente, en favor do/da agricultor/a mozo/a, axustado ao modelo normalizado da consellería; ou solicitude de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

g) Solicitudes de transferencia, en favor da nova persoa titular, de ser o caso, dos dereitos de prima que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.

h) Escritura pública (arrendamento do predio ou predios, compravenda, cesión, etc.) ou documento de arrendamento a través do Banco de Terras de Galicia, xustificativa da instalación, se é o caso.

Na modalidade 1, o alcance das escrituras públicas de transmisión da base territorial da explotación do anterior titular ao mozo, cando se instale nunha explotación preexistente, ou do/dos propietario/s ao mozo, cando sexa explotación de nova creación, será o seguinte:

i. Se algunha das orientacións produtivas principais da explotación do mozo é agrícola e como tal está expresada en unidades de superficie, tales superficies deben ser obxecto de transmisión mediante escritura pública do/dos seu/s propietario/s ao mozo.

ii. Se algunha das orientacións produtivas da explotación do mozo é de gandaría non ligada á terra, a/as escritura/s pública/s de transmisión deberá/n conter, como mínimo, a superficie que delimita o peche perimetral da explotación existente ou prevista.

iii. Se algunha das orientacións produtivas da explotación do mozo é de gandaría ligada á terra, a/as escritura/s pública/s de transmisión deberá/n conter, como mínimo, as parcelas onde están ou van estar encravados os aloxamentos permanentes ou temporais do gando e edificacións auxiliares anexas, así como calquera superficie forraxeira que sexa do mesmo propietario que aquelas e que eventualmente poida estar incluída na súa declaración de superficies PAC. Para o resto de superficies forraxeiras que poidan estar incluídas na declaración de superficies da solicitude única PAC do anterior titular, cando a instalación é nunha explotación preexistente, ou para o resto de superficies recollidas como da explotación do mozo solicitante no seu plan empresarial, no caso de explotacións de nova creación, admitirase escritura privada de arrendamento a favor daquel. En calquera caso, o mozo solicitante asinará un compromiso de que declarará como parte da súa explotación tales superficies obxecto de transmisión na solicitude única da primeira campaña PAC na cal conste el como titular, así como en sucesivas campañas ata fin de compromisos.

Para a modalidade 2: a escritura pública onde conste:

i. A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ao/á mozo/a, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos ao/á mozo/a cotitular continuarán integrados na referida explotación.

ii. Un acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre a persoa titular e o/a agricultor/a mozo/a conforme este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50 %.

i) No caso de instalarse mediante a modalidade 3:

i. Unha certificación expedida polo órgano reitor da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do/da agricultor/a mozo/a e a súa contribución.

ii. Os estatutos da entidade e acta de constitución.

iii. A relación de socios/as que exercen a dirección técnica e de xestión.

j) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 26 presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

k) Certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación, para ter os puntos por proxecto innovador establecidos no artigo 26, atendendo ao exposto no número 8 do artigo 2.

l) De querer optar á bonificación da axuda por volume de gasto necesario para instalarse, presentaranse memoria xustificativa e tres ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos e edificacións.

ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou a razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo así como as características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web da Consellería do Medio Rural, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.

2. Os documentos sinalados nas anteriores letras h) e i) poderán ser presentados unha vez aprobada a subvención xunto coa xustificación da realización do plan empresarial. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado.

3. Malia o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:

– Anexo I de solicitude da axuda.

– Plan empresarial.

– De querer optar á bonificación da axuda por volume de gasto necesario para instalarse, presentaranse memoria xustificativa e tres orzamentos por cada un dos investimentos. E no caso de ter realizado gastos xerais dos proxectos que solicite ser subvencionados, as facturas cos correspondentes xustificantes de pagamento.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta información; nestes casos emitirase resolución de inadmisión.

Artigo 25. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se é o caso).

c) Certificado da renda (IRPF) dos últimos catro anos.

d) Consulta de títulos oficiais non universitarios.

e) Consulta de títulos oficiais universitarios.

f) Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

g) Estar ao día do pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

h) Estar ao día do pagamento coa Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 26. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Primeira instalación simultánea cun proxecto apoiado pola submedida 4.1: 8 puntos.

b) Instalación do mozo a tempo completo: 6 puntos.

c) Instalación nunha explotación ecolóxica ou que alcance tal condición tras levar a cabo o plan empresarial: 4 puntos.

d) Instalación do/da mozo/a mediante as modalidades 1, 3 ou 4: 4 puntos.

e) Instalación nunha explotación inscrita na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou que solicitase a súa inscrición con anterioridade á data de publicación desta orde e cumpra cos requisitos para ser incluída no catálogo: 4 puntos.

f) Creación de emprego adicional a tempo completo: 4 puntos.

g) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se define na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.

h) O plan empresarial inclúe investimentos nun proxecto innovador: 2 puntos.

i) Instalación nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.

j) Instalación nunha explotación que proceda da fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos ou se fusione coa instalación do mozo: 1 punto.

k) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 1 punto.

l) Muller: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse as primeiras instalacións simultáneas ligadas á submedida 4.1 e, se o empate continúa, priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior. De persistir o empate, priorizarase a incorporación do mozo que teña máis idade.

3. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos.

4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 27. Contía e tipo de axuda

A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social do mozo durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria establecida no artigo 22 desta orde, establecida en 20.000 €, e poderá incrementarse nas seguintes situacións, sen que a axuda total supere os 70.000 €:

a) De acordo co volume de gasto necesario para a posta en marcha da explotación ou instalación do mozo (exclúese a achega ao capital social) e súa permanencia durante os cinco anos na actividade agraria:

– De 20.000 a 30.000 €: a prima increméntase en 12.500 €.

– De 30.001 a 40.000 €: increméntase en 17.500 €.

– De 40.001 a 60.000 €: increméntase en 25.000 €.

– De 60.001 a 80.000 €: increméntase en 31.500 €.

– De 80.001 a 100.000 €: increméntase en 40.500 €.

– Máis de 100.000 €: increméntase en 45.000 €.

O gasto en investimento só é admisible no suposto de instalarse nunha explotación de nova creación. Tampouco se considera admisible investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais; e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal.

b) Creación de emprego adicional a tempo completo na explotación durante toda a duración do tempo de compromisos, cinco anos, ademais da man de obra correspondente ao mozo instalado: 20.000 €.

c) Instalarase nunha explotación localizada nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións especificas previstas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013: 5.000 €.

No suposto de que se instalen varios mozos na mesma explotación (plan empresarial conxunto), os incrementos establecidos nas alíneas a), b) e c) repartiranse a partes iguais entre os mozos que se instalen.

Artigo 28. Xustificación e pagamento da axuda

A axuda aboarase en dous tramos:

– Unha primeira correspondente ao 60 % do importe da axuda total, cando se acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial no prazo máximo de 9 meses contados desde a notificación da concesión da axuda. Para o cal se presentará, xunto cunha solicitude de pagamento, a xustificación de ter realizado a fase de inicio do plan empresarial (anexo II).

– O importe restante, o 40 %, cando se comprobe a correcta execución do plan empresarial, como máximo ata os 24 meses desde a instalación do agricultor mozo. Para o cal se presentarán, xunto cunha solicitude de pagamento, os documentos que acrediten que exerce o control efectivo da explotación e que levou a cabo o seu plan empresarial (anexo II).

Dada a natureza da actuación financiada, que en virtude do artigo 19 do Regulamento (UE) 1305/2013 é a creación de empresas para os agricultores mozos e que a axuda se aboará en función da correcta execución do plan empresarial, que permita unha permanencia mínima de cinco anos, o cal está sometido a control, con base no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non será necesario constituír garantías.

O control da execución do plan de empresa despois do 1º pagamento será discrecional de acordo con criterios técnicos e consistirá en facer un seguimento da execución progresiva e adecuada do plan. O incumprimento poderá supoñer o inicio dun procedemento de perda do dereito á axuda. Todo iso sen prexuízo da obriga de reintegro establecida no artigo 22 de exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.

CAPÍTULO III
Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas

Artigo 29. Requisitos dos beneficiarios

Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores (procedemento MR405A).

1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para os mozos que se instalen nunha explotación de nova creación.

2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter alcanzado a xubilación.

3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación simultánea. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente.

4. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.

5. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.

6. Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

7. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia. Agás que se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación.

9. Serán denegadas todas aquelas solicitudes en que a explotación non requira un volume de traballo equivalente, como mínimo, a unha unidade de traballo agrario, e non alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

Artigo 30. Custos subvencionables

1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.

b) A compra de nova maquinaria.

c) Os custos xerais vinculados aos gastos previstos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, permisos ou licenzas.

d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, a excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020).

e) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

2. No caso de investimentos que inclúan actuacións de rega, será de aplicación o establecido no artigo 46 do Regulamento (UE) 1305/2013. A este respecto, para que os ditos investimentos sexan elixibles, terán que cumprir as condicións especificadas a seguir:

a) Coherencia coa planificación hidrolóxica e coa Directiva marco da auga; a demarcación hidrográfica en que se localiza a explotación onde se realizará a dotación ou mellora da instalación de rega, debe contar cun plan hidrolóxico aprobado e comunicado á Comisión Europea, en termos conformes coa Directiva marco da auga.

A mellora debe ser coherente cos obxectivos, asignacións ou reservas de recursos, programas de medida e demais determinacións que conteña o correspondente plan hidrolóxico, que resulten aplicables á agricultura e ao regadío.

b) Sistema de medición do uso da auga; se a operación inclúe a dotación ou mellora dunha instalación de rega, esta debe dispoñer dun contador.

c) Condicións de elixibilidade específicas para proxecto de mellora de instalacións de rega preexistentes:

a. Aforro potencial da auga; este aforro potencial debe superar o 5 % consonte os parámetros técnicos da instalación. Para o cálculo do dito aforro terase en conta:

i. A redución de perdas por mellora das conducións dentro da explotación.

ii. A redución do volume debida ao sistema de aplicación da rega.

iii. O cambio duradeiro da orientación produtiva das parcelas en que se melloren as instalacións de rega.

b. Redución da auga empregada polos regadíos preexistentes que afecten masas de auga que non alcanzan o bo estado:

i. O investimento deberá garantir unha redución efectiva no uso da auga a nivel da instalación de polo menos o 50 % do aforro potencial da auga.

ii. A redución efectiva apreciarase sobre o volume da auga empregada na instalación, xa sexa procedente dunha infraestrutura de regadío ou procedente dunha captación propia. A dita redución calcularase como diferenza entre a dotación da explotación despois da modernización e a dotación antes da mesma, en volume ao ano (m3/ano).

d) Condicións de elixibilidade específicas dos investimentos para a ampliación da superficie regada; só serán subvencionables os investimentos para ampliación da superficie regada da explotación que vaian utilizar recursos procedentes de masas de auga subterráneas ou superficiais avaliadas de acordo coa planificación hidrolóxica en vigor, que cumpran o obxectivo de bo estado de acordo coa planificación hidrolóxica, ou ben que non cumpran por razóns diferentes ás cuantitativas, neste caso deberá cumprir as condicións do punto anterior.

e) Investimentos de ampliación de regadío combinados con outros de modernización de instalacións; neste caso, a redución no uso da auga determinarase considerando conxuntamente as dúas instalacións: A (preexistente) e B (nova). Calcularase restando a auga empregada na A antes da modernización, tanto a auga empregada en A despois da modernización como a auga empregada en B.

Deben cumprir a condición de que a redución conxunta no uso da auga das dúas instalacións A e B dividida entre o aforro potencial derivado da modernización da instalación A orixinal sexa polo menos superior a 0,5.

3. Non serán subvencionables os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existentes, ou partes deles, por un edificio ou unha máquina novos e modernos, sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente. Non se considerarán investimentos substitutivos a demolición total dun edificio agrario de máis de 30 anos e a súa substitución por outro moderno nin a renovación xeral dun edificio. Unha renovación considerarase xeral cando o seu custo supoña como mínimo o 50 % do valor do edificio novo. No referente ás máquinas, tampouco se considerará substitución cando teñan máis de 10 anos.

A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e sexa acorde ao dimensionamento da explotación.

A compra de dereitos de produción; plantas anuais e a súa plantación; investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación e comercialización; a maquinaria e investimentos de carácter forestal; non serán subvencionables.

4. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web da Consellería do Medio Rural, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.

5. Establécese un investimento elixible mínimo de 5.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 120.000 €/UTA, cun máximo de 1.000.000 €, nun período de catro anos, e poden destinar, como máximo, un 30 % para a adquisición de maquinaria agrícola. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais. Agás que se trate dun plan de mellora dun/dunha agricultor/a mozo/a que presente simultaneamente unha primeira instalación, onde o límite máximo de investimento por UTA se calculará en función do número de UTA correspondente á situación posterior á instalación.

Artigo 31. Documentación que deben presentar na solicitude da axuda

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR405A, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo III.

b) Acreditación da persoa representante (se é o caso).

c) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.

d) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante denegue expresamente a súa consulta.

e) Copia dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se é o caso).

f) Certificado do número de socios e dos que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se é o caso).

g) Memoria do plan de mellora, onde se xustificarán os investimentos que se van realizar e o rendemento global da explotación.

h) No caso de investimentos en obra civil, proxecto visado (en soporte dixital), elaborado por técnico ou equipo técnico competente (polo menos deberá formar parte asinando un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente), e a xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras. Así mesmo, no caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto onde se van realizar os investimentos.

i) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos e edificacións.

2. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

3. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como as características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

j) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e da acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

k) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo III os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

l) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 33, presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

m) Para ter os puntos por proxecto innovador establecidos no artigo 33, presentarase certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación, atendendo ao exposto no número 8 do artigo 2.

n) Para ter os puntos por proxecto integrado establecidos no artigo 33, presentarase resolución de aprobación, atendendo ao exposto no número 9 do artigo 2.

2. Non obstante o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:

– Anexo III de solicitude da axuda.

– Memoria do plan de mellora onde se xustifican os investimentos que se van realizar.

– Tres orzamentos.

Artigo 32. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se é o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante.

d) Consulta de títulos oficiais non universitarios.

e) Consulta de títulos oficiais universitarios.

f) Certificado da renda (IRPF).

g) Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

h) Estar ao día do pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

i) Estar ao día do pagamento coa Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 33. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Explotación vinculada cunha incorporación de agricultor mozo:

a. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos para incorporarse nunha explotación de nova creación ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dun mozo nunha explotación de nova creación: 15 puntos.

b. Simultaneamente solicita a axuda pola submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos para incorporarse nunha explotación existente ou ten unha axuda desta submedida 6.1 concedida na convocatoria anterior por incorporación dun mozo nunha explotación existente: 10 puntos.

c. Se producise unha incorporación dun agricultor mozo nos últimos cinco anos: 5 puntos.

b) Investimentos nunha explotación que proceda dunha fusión de explotacións realizada nos últimos cinco anos: 5 puntos.

c) Agricultor profesional.

a. Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos.

b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:

i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.

ii. Máis do 60 %: 4 puntos.

iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.

iv. Máis do 25 %: 2 puntos.

v. Polo menos un socio: 1 punto.

d) Explotación agraria inscrita na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou que solicitase a súa inscrición con anterioridade á data de publicación desta orde e que cumpra cos requisitos para ser incluída no catálogo: 5 puntos.

e) Investimentos en proxectos innovadores: 5 puntos.

f) Titular da explotación socio dunha cooperativa ou dunha entidade asociativa agroalimentaria prioritaria: 4 puntos.

g) Creación de UTA asalariadas a tempo completo (sen ter destruído emprego no último ano): 1 UTA: 2 puntos; 2 UTA: 3 puntos; e 3 ou más UTA: 5 puntos.

h) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.

i) Explotación ecolóxica: 3 puntos.

j) Explotación de titularidade compartida: 3 puntos.

k) Investimentos en aforro enerxético que supoñan máis do 50 % do investimento elixible: 2 puntos.

l) Investimentos en novas tecnoloxías eficaces para reducir as emisións de CO2 e amoníaco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.

m) Investimentos en xestión de xurro ou esterco que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.

n) Investimentos en proxectos integrados: 2 puntos.

o) Investimentos en produción de trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro, comprometéndose a destinar polo menos 1 ha da súa base territorial á produción destas variedades, e que supoñan máis do 15 % do investimento total elixible: 2 puntos.

p) Investimentos nunha explotación que pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.

q) Investimentos nunha explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción, que supoñan polo menos a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 1 punto.

r) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 1 punto.

s) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 1 punto.

2. En caso de igualdade na aplicación do baremo terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores. Se aínda persistir o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección e, finalmente, polo plan de melloras con maior importe en investimento elixible.

3. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 10 puntos e, polo menos, dous criterios.

4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda, agás o criterio c) agricultor profesional, no cal as persoas que soliciten axuda pola medida 6.1 desta convocatoria ou a teñan concedida na convocatoria anterior, considérase que teñen a condición de agricultor profesional.

Artigo 34. Contía e tipo de axuda

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

• 10 % cando o beneficiario sexa un agricultor mozo segundo a definición do Regulamento (UE) 1305/2013 ou que se instalase durante os cinco anos anteriores á solicitude da axuda. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir tódolos requisitos da definición de agricultor mozo prevista no Regulamento (UE) 1305/2013, incluíndo o requisito de idade. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % dos seus socios deberán ser mozos que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.

• 10 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de explotacións.

• 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.

• 10 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

• 10 % no caso de investimentos relacionados con operacións en medidas agroambientais ou agricultura ecolóxica.

Artigo 35. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude, agás no caso dos gastos xerais dos proxectos, e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando se dite resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo (anexo II) presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, para os efectos do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, da Comisión.

3. Cando se trate de investimentos en maquinaria, a maiores, achegarase xustificante da inscrición no Rexistro de Maquinaria Agrícola. No caso de ser necesaria, presentarase a documentación de matriculación.

4. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben, terase en conta o seguinte:

a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing, etc.), só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.

b) En ningún caso serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.

c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).

5. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas agrarias comarcais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 5.000 euros de investimento.

6. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de revogación da aprobación da solicitude.

CAPÍTULO IV
Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións

Artigo 36. Requisitos dos beneficiarios

Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.

c) A explotación debe requirir un volume de traballo equivalente, como mínimo, á metade dunha unidade de traballo agrario imputable ao titular da explotación. Esta unidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda.

d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa e a mellora do rendemento global da explotación.

e) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

f) A explotación non pode ter sido beneficiaria por esta mesma submedida en convocatorias anteriores. Tampouco puido ter sido beneficiaria dunha axuda da medida 112 ou da medida 121 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

Artigo 37. Documentación que deben presentar na solicitude da axuda

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR405B, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo IV.

b) Acreditación do representante (se é o caso).

c) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.

d) Copia dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se é o caso).

e) Plan empresarial, onde se xustificará a viabilidade económica da explotación, de acordo co establecido no anexo V.

f) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e a acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

g) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo IV os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

h) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 39, presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

i) Para ter os puntos por proxecto innovador establecidos no artigo 39, presentarase certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación ou da Axencia de Innovación.

2. Malia o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:

– Anexo IV de solicitude da axuda.

– Plan empresarial.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta información; nestes casos emitirase resolución de inadmisión.

Artigo 38. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante (se é o caso).

c) Consulta do NIF da entidade solicitante.

d) Consulta da residencia da persoa solicitante.

e) Certificado da renda (IRPF).

f) Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

g) Estar ao día do pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

h) Estar ao día do pagamento coa Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 39. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Explotación con orientación produtiva principal hortícola, frutícola, florícola, apícola, vacún de carne ou ovino/cabrún: 5 puntos.

b) Explotación gandeira de razas autóctonas galegas en perigo de extinción que supoñan polo menos a metade do censo de reprodutoras da explotación (estas reprodutoras estarán inscritas no correspondente libro xenealóxico): 4 puntos.

c) Explotación que se comprometa a destinar, polo menos, 0,5 ha da súa base territorial a producir trigo das variedades Callobre e/ou Caaveiro e que a produción destas variedades supoña polo menos a metade da marxe neta da explotación: 4 puntos.

d) Resto de orientacións produtivas : 3 puntos.

e) Agricultor profesional.

a. Nas persoas físicas titulares de explotación: 5 puntos.

b. Nas persoas xurídicas, en función dos socios:

i. Todos os socios son agricultores profesionais: 5 puntos.

ii. Máis do 60 %: 4 puntos.

iii. Polo menos o 50 %: 3 puntos.

iv. Máis do 25 %: 2 puntos.

v. Polo menos un socio: 1 punto.

f) Se a persoa que exerce o control da explotación cotiza á Seguridade Social no sector agrario: 3 puntos.

g) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 3 puntos.

h) Explotación ecolóxica: 3 puntos.

i) Investimentos en proxectos innovadores: 2 puntos.

j) Proxecto en cooperación cunha operación financiada a través da medida 16 do PDR: 2 puntos.

k) Explotación que pertence a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG): 1 punto.

l) Explotación localizada nunha zona distinta da de montaña con limitacións naturais significativas ou limitacións específicas tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014-2020: 1 punto.

m) Titular da explotación muller ou, no caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres: 1 punto.

2. No caso de empate en puntos priorizaranse as situacións na orde indicada no punto anterior. De persistir o empate, priorizarase a explotación máis antiga segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

3. Para seren admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 6 puntos.

4. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 40. Contía e tipo de axuda

A axuda consistirá nunha prima 15.000 euros e concederase pola execución do plan empresarial que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

Artigo 41. Xustificación e pagamento da axuda

A axuda aboarase en dous tramos:

– Unha primeira correspondente ao 60 % do importe da axuda total, cando se acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial no prazo máximo de 9 meses contados desde a notificación da concesión da axuda. Para o cal se presentará, xunto cunha solicitude de pagamento, a xustificación de ter realizado a fase de inicio do plan empresarial (anexo II).

– O importe restante, o 40 %, cando se comprobe a correcta execución do plan empresarial, como máximo ata os 18 meses desde a notificación da concesión da axuda, presentando, xunto cunha solicitude de pagamento, os documentos que acrediten que levou a cabo o seu plan empresarial (anexo II).

Dada a natureza da actuación financiada, que en virtude do artigo 19 do Regulamento (UE) 1305/2013 é a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións e que a axuda se aboará en función da correcta execución do plan empresarial, o cal está sometido a control, con base no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non será necesario constituír garantías.

Disposición adicional primeira. Cualificación de explotacións agrarias prioritarias

Nos casos en que a documentación presentada pola persoa solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos exixidos, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Lei 19/1995, de modernización de explotacións agrarias, e no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Disposición adicional segunda. Réxime xurídico

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

– A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– O Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional terceira. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo:

Consellería do Medio Rural/Secretaría Xeral Técnica

Edificio Administrativo San Caetano

San Caetano s/n

15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Disposición transitoria. Cláusula suspensiva

As axudas reguladas na presente orde están condicionadas á aprobación pola Comisión Europea da modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 que se lles presentou o 29 de decembro de 2016. Como consecuencia:

a) As resolucións de concesión de subvención que se adopten quedarán suxeitas á condición suspensiva mentres se produza a referida aprobación.

b) Os beneficiarios da axuda estarán obrigados ao cumprimento do previsto no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aínda cando os termos finais en que sexa aprobada a modificación recollan obrigacións, condicións ou requisitos non previstos nestas bases reguladoras.

c) Nos supostos de diverxencias cos termos finais do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, logo de audiencia do interesado, resolverá a modificación das concesións de subvención afectadas, as cales poderán ser deixadas total ou parcialmente sen efecto ou introducírense nelas novas condicións.

d) No caso de que unha axuda resolta ao amparo destas bases reguladoras sexa deixada sen efecto como consecuencia dos termos en que finalmente sexa aprobada a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, tal circunstancia non xera dereito ningún sobre o seu beneficiario.

e) As resolucións de concesión de subvención que, se é o caso, se adopten en aplicación da presente disposición deberán informar os seus beneficiarios dos termos da suspensión.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

CLAVES PARA CUBRIR A SOLICITUDE (MR404A, MR405A e MR405B)

CLAVES

1. Tipo de titular

2. Capacitación profesional

1. Agricultor individual muller

2. Agricultor individual home

3. Sociedade

4. SAT

5. Cooperativa agraria

6. Outras

7. Comunidade de bens

8. Agrupación de servizos

9. Cooperativa de explotación comunitaria da terra ou de traballo asociado na actividade

a) Capataz agrícola, técnico/a ou técnico/a superior en ciclos formativos da familia profesional de actividades agrarias ou titulación superior na rama agraria.

b) Cinco anos de exercicio da actividade agraria.

c) Actividade agraria e cursos de capacitación suficientes.

d) Mozo que ten realizados cursos por un mínimo de 250 horas.

e) Mozo que se compromete a realizar cursos por un mínimo de 250 horas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

A) Plan empresarial para a incorporación de mozos. Descrición e contido.

O mozo que se incorpora á actividade agraria debe facer una valoración completa da rendibilidade da orientación produtiva que elixa. Deberá ter en conta os distintos factores de produción e as posibilidades de mellorar a dita rendibilidade, facendo plenamente viable a explotación.

Para iso, en cumprimento do disposto no artigo 19, número 4 do Regulamento (UE) nº 1305/2014, coa solicitude de axuda ten a obriga de presentar un plan empresarial e comezar a aplicalo dentro dos nove meses seguintes á data de resolución de concesión da axuda.

O plan empresarial que se presente terá un contido mínimo común para todas as orientacións produtivas e en todas as modalidades de acceso á incorporación de mozos á actividade agraria, que consistirá de acordo co artigo 24, letra d), das bases reguladoras, redactado segundo o disposto no artigo 5, número 1 do Regulamento delegado (UE) nº 807/2014, no seguinte:

a) Na descrición da situación inicial da explotación agraria.

b) As metas e os obxectivos para o desenvolvemento das actividades da explotación.

c) O detalle das accións requiridas, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia de recursos, que inclúan investimentos e gastos asociados para a instalación do mozo, ademais da formación, asesoramento e calquera outra actividade que desenvolver.

Para dar cumprimento a esta premisa, presentarase un documento coa seguinte estrutura:

• Memoria descritiva.

A memoria consistirá nunha descrición xeral da explotación e as súas condicións.

Do mesmo xeito, farase unha sinopse da situación inicial de acceso á actividade, da modalidade de instalación, dos fins e obxectivos finais que se pretenden acadar e das condicións de negocio que inclúan a produción e as súas canles de distribución.

Especificaranse claramente os gastos que necesitará realizar o mozo motivados pola súa instalación, de xeito que sexa posible avaliar a idoneidade dos eventuais incrementos na axuda base.

Os fitos e obxectivos especificados nas fases do plan deberán ser cuantificables e demostrables documentalmente.

Deberá reflectir entre outros:

1. A situación dos medios de produción.

2. A orientación ou orientacións produtivas.

3. Os datos administrativos referidos a:

3.1. Códigos de explotación.

3.2. Censos gandeiros ou superficies actuais de explotación.

3.3. Dereitos administrativos ou axudas ligadas á explotación (con descrición completa das súas características e proba documental no caso de non ser da Consellería do Medio Rural).

4. No caso de persoas xurídicas, realizarase unha breve descrición do tipo de entidade, o seu obxecto e as características, e especificaranse os socios e as porcentaxes de participación de cada un.

5. Os produtos obtidos da explotación e as súas vías de comercialización.

6. O manexo da explotación, especificando:

6.1. As alternativas de cultivo agrícola.

6.2. Tipo de réxime (intensivo, extensivo ou mixto).

6.3. Actividades e a súa periodicidade.

7. Memoria de residuos da explotación actual e/ou futura.

8. Xestión dos xurros e estercos das explotacións gandeiras.

9. Descrición do emprego e método de aplicación de fitosanitarios e capacitación.

10. Estarán claramente especificados os medios empregados para facer un uso eficiente dos recursos hídricos e evitar a contaminación de acuíferos e, de igual xeito, aqueles que contribúan á eficiencia enerxética.

11. Definirá que tipo de medidas existen ou se adoptarán para contribuír á mitigación do cambio climático.

12. Descrición completa da cantidade e cualificación da man de obra empregada, dos medios de asesoramento e do emprego de servizos externos.

• Análise económica que inclúa matriz DAFO (debilidades/fortalezas).

Será responsabilidade do solicitante da axuda, por medio do plan empresarial que asine o técnico competente, ofrecer unha análise pormenorizada da viabilidade económica e rendibilidade da explotación. Para os datos que se utilicen na análise económica ofrécense dúas posibilidades que permitirán a validación do plan:

1. Poderá realizarse utilizando os datos estándar, publicados neste anexo, que corresponden a estudos existentes na Consellería do Medio Rural adaptados a unha explotación tipo de varias orientacións produtivas.

Neste caso validarase unha variación nas cifras achegadas que non supere un 10 % sobre as publicadas e exixirase que sexan utilizadas en todo o estudo.

2. Aceptarase a realización do estudo utilizando datos diferenciados para a explotación particular, pero neste caso será requisito indispensable que se demostre documentalmente a veracidade de todos os datos achegados (mediante contabilidades oficiais, facturas pro forma, orzamentos, valoración polo método de comparación, estudos oficiais publicados ou calquera outra validada polos técnicos da Consellería do Medio Rural) Como excepción, as explotacións de nova creación poden non xustificar os prezos de comercialización co compromiso de demostralos na fase de certificación do cumprimento do plan, asumindo que a falta de demostración supón a imposibilidade de validación e o incumprimento dos requisitos.

As dúas posibilidades anteriores son excluíntes entre si, só será aceptable optar por unha delas. Na segunda opción, se algunha das cifras achegadas coincide coas publicadas non evitará a xustificación documental.

Exíxese que este sexa realizado por un técnico competente (enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente) ou por un equipo multidisciplinar do que forme parte, aínda que a súa sinatura por si soa (sen xustificación documental) non se aceptará como certificación dos datos achegados.

Deberase ter en conta o seguinte:

A Consellería do Medio Rural considera que serán aprobables todos os plans empresariais que cumpran coas dimensións mínimas exixibles para obter unha renda unitaria de traballo de polo menos o 35 % da renda de referencia de acordo cos cálculos que se realizan como se especifica no anexo V (continuación), e con todas as demais condicións requiridas. Pero poderán ser validados polos técnicos responsables da Consellería do Medio Rural aqueles plans cuxa dimensión sexa máis baixa, pero en todo caso superior á dimensión mínima admisible, sempre que sexa convenientemente demostrada a súa viabilidade, segundo os criterios tamén especificados no anexo, en canto á metodoloxía e parámetros.Trátase de obter medidas verificables, para contar cun estándar co que poder avaliar o proceso e a posibilidade de acadar os obxectivos.

A análise económica terá como finalidade principal a demostración da viabilidade da explotación, ademais de permitir o cálculo da renda unitaria de traballo (RUT) que se utiliza como criterio de admisibilidade da axuda, pero deberá recoller como mínimo os seguintes valores:

1. Produto bruto. O prezo unitario da produción polas unidades produtivas da explotación.

2. Gastos variables. Serán aqueles que están ligados ás unidades de produción, é dicir que son proporcionais as unidades produtivas da explotación.

3. Marxe bruta. A obtida como resultado dos valores anteriores.

4. Gastos fixos. Serán como mínimo as amortizacións dos bens mobles e inmobles da explotación, os gastos de conservación e mantemento, o capítulo de gastos xerais (cotizacións á Seguridade Social, seguros da explotación...) e salarios, no caso de ter persoal contratado.

5. Gastos financeiros. Os derivados dos créditos que teña concedida a explotación.

6. Subvencións. A suma de todas as subvencións percibidas pola explotación anualmente (pagamento básico, pagamento verde, indemnización compensatoria), non se incluirán as que se perciben puntualmente.

7. Marxe neta.

8. Renda da explotación.

9. Renda unitaria de traballo.

Poderá determinarse a renda unitaria de traballo baseándose nos datos da contabilidade documentalmente acreditados para aquelas explotacións xa existentes.

Unha parte da análise económica deberá estar destinada a especificar o xeito de afrontar os gastos derivados dos investimentos que, de ser o caso, se van realizar. Como será o seu financiamento (capital propio ou alleo) e, no caso de formalizar préstamos, especificaranse as condicións do crédito.

Nesta epígrafe realizarase unha descrición mediante unha matriz DAFO de debilidades e fortalezas do plan empresarial. Está matriz terá que vir referida á propia explotación e non serán válidas aquelas que fagan referencia en xeral ao sector no cal se desenvolverá a actividade da explotación.

A análise desta descrición das debilidades e fortalezas servirá para xustificar a necesidade dos gastos e investimentos da explotación co fin de reducir ou eliminar algunha das ameazas incluídas na matriz. Deberá permitir e demostrar aos responsables da avaliación do plan a necesidade de aprobar a axuda en fase de solicitude.

• Cadros descritivos.

O documento pecharase cos cadros que figuran a seguir, que deberán estar completamente cubertos e de cuxa veracidade deberá facerse responsable o solicitante transcribindo á solicitude os que se requiren nela.

Poderanse incluír os gastos de instalación realizados nos doce (12) meses anteriores á solicitude.

Para poder solicitar o pagamento do primeiro tramo de axuda será necesario que na fase de inicio se acadasen, cando menos, as metas dos puntos 11. Altas relacionadas coa instalación e 12. Trámites de instalación, permisos e licenzas (excepto datas de obra).

A certificación e avaliación do plan empresarial coa verificación do cumprimento dos requisitos exixidos serán realizadas por un funcionario competente da Consellería do Medio Rural.

Instalación sen explotación previa

 

 

Instalación en explotación existente

 

Acceso á condición de socio de entidade titular de explotación agraria, titularidade compartida ou cotitularidade

 

Marcar cun X o que proceda

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN DA EXPLOTACIÓN E METAS DO PLAN EMPRESARIAL

FASE PREVIA Á SOLICITUDE

Situación previa ao inicio da actividade por parte do/da mozo/a

Excepto incorporacións sen explotación previa

FASE DE INICIO

Instalación, comezo da actividade e solicitude de pagamento do primeiro tramo de axuda

Prazo máximo de 9 meses desde a notificación da axuda

FASE DE CUMPRIMENTO DO PLAN EMPRESARIAL

Metas previstas e solicitude de pagamento do segundo tramo de axuda

1. Man de obra en UTA (unidades)

Man de obra achegada polo/a mozo/a

 

 

 

Man de obra de familiares ou socios

 

 

 

Man de obra asalariada fixa

 

 

 

Man de obra asalariada eventual

 

 

 

2. Superficie de terreo dispoñible na explotación en ha (de acordo co anexo de parcelas)

Millo

 

 

 

Outros cereais

Cultivos forraxeiros

 

 

 

Pradeira artificial

 

 

 

Pradeira natural

 

 

 

Pasteiros

 

 

 

Pataca

 

 

 

Amorodo

 

 

 

Kiwi

 

 

 

Froiteiras

 

 

 

Pequenos froitos (arandos, framboesas, moreiras,...)

 

 

 

Hortalizas aire libre

 

 

 

Flor aire libre

 

 

 

Invernadoiro flor

 

 

 

Invernadoiro hortalizas

 

 

 

Viveiros

 

 

 

Oliveiras

Viñedo

 

 

 

Outros cultivos

 

 

 

SAU TOTAL (sumatorio das superficies anteriores)

 

 

 

Monte baixo

 

 

 

Monte alto

 

 

 

Forestal

 

 

 

Outras superficies TOTAL (sumatorio das superficies anteriores)

 

 

 

3. Réxime de tenza da SAU en ha

Propiedade

 

 

 

Arrendamento

 

 

 

Comunal

 

 

 

Outros

 

 

 

4. Réxime de tenza doutras superficies en ha

Propiedade

 

 

 

Arrendamento

 

 

 

Comunal

 

 

 

Outros

 

 

 

5. Gando (número de cabezas segundo o tipo de gando)

Vacas leite

 

 

 

Xovencas leite

 

 

 

Vacas carne

 

 

 

Xovencas carne

 

 

 

Xatos ceba

 

 

 

Ovellas

 

 

 

Cabras

 

 

 

Équidos

 

 

 

Visóns femias

 

 

 

Coellas

 

 

 

Enxames

 

 

 

Porcas nai

 

 

 

Porcos ceba

 

 

 

Polos

Polos curral

Pavos

Poñedoras

Outras aves

6. Maquinaria e equipamentos (marcar cun X as fases nas que estará dispoñible)

Ano

Valor de compra

 

1.-

 

 

 

 

 

2.-

 

 

 

 

 

3.-

 

 

 

 

 

4.-

 

 

 

 

 

5.-

 

 

 

 

 

6.-

 

 

 

 

 

7.-

 

 

 

 

 

8.-

 

 

 

 

 

9.-

 

 

 

 

 

10.-

 

 

 

 

 

11.-

 

 

 

 

 

12.-

 

 

 

 

 

13.-

 

 

 

 

 

14.-

 

 

 

 

 

15.-

 

 

 

 

 

16.-

 

 

 

 

 

17.-

 

 

 

 

 

18.-

 

 

 

 

 

19.-

 

 

 

 

 

20.-

 

 

 

 

 

Cubrir outros no adxunto co mesmo formato

 

 

 

 

 

7. Edificios/instalacións (marcar cun X as fases en que estará dispoñible)

Ano

Valor de constr.

 

1.-

 

 

 

 

 

2.-

 

 

 

 

 

3.-

 

 

 

 

 

4.-

 

 

 

 

 

5.-

 

 

 

 

 

6.-

 

 

 

 

 

7.-

 

 

 

 

 

8.-

 

 

 

 

 

9.-

 

 

 

 

 

10.-

 

 

 

 

 

Cubrir outros no adxunto co mesmo formato

 

 

 

 

 

8. Dereitos de pagamento básico (número de dereitos)

Dereitos

 

 

 

9. Gastos e actuacións realizados no proceso de instalación (en euros na fase correspondente)

1.-

 

 

 

2.-

 

 

 

3.-

 

 

 

4.-

 

 

 

Outros. Especificar:

 

 

 

10. Formación (marcar cun X as fases en que estará dispoñible)

O/a mozo/a dispón da capacitación profesional exixida de acordo coa normativa da medida

 

 

 

11. Altas relacionadas coa instalación (marcar a data na fase correspondente). Deberán completarse antes da fin da fase de inicio

Alta na actividade económica en Facenda

 

 

 

Alta na Seguridade Social nunha actividade da rama agraria

 

 

 

Alta da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia

 

 

 

Achega económica e ingreso en entidade asociativa

 

 

 

12. Trámites de instalación, permisos e licenzas (marcar a data na fase correspondente). Deberán completarse antes da fin da fase de inicio

Proxecto de obras

 

 

 

Solicitude de licenza de obras

 

 

 

Licenza de obras

 

 

 

Avaliación de impacto ambiental

 

 

 

Data prevista de inicio das obras

 

 

 

Data prevista de finalización das obras

 

 

 

13. Medios adicionais exixibles ou valorables (marcar cun X as fases en que estará dispoñible de acordo co descrito na memoria)

1. Medios relacionados co aforro de auga e prevención da contaminación de acuíferos

 

 

 

2. Medios relacionados coa sustentabilidade ambiental

 

 

 

3. Medios relacionados coa eficiencia enerxética

 

 

 

4. Medios de asesoramento empregados na explotación

 

 

 

5. Medidas innovadoras nos medios de produción

 

 

 

6. Colaboración en programas de I+D+i

 

 

 

Outras metas especificadas na memoria: (especificar)

 

 

 

Adxunto de parcelas da explotación

*A epígrafe de cultivo cubrirase de acordo coa lista da epígrafe «Superficie de terreo dispoñible na explotación».

Relación de parcelas dispoñibles da explotación

FASE PREVIA Á SOLICITUDE

FASE DE INICIO

FASE DE CUMPRIMENTO DO PLAN EMPRESARIAL

Provincia

Concello

Ref. Sixpac

(pol/parc/recinto)

Sup. en ha

Cultivo *

Réxime tenza

Marque si ou non (S/N)

Marque si ou non (S/N)

Marque si ou non (S/N)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

B) Plan empresarial para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O mantemento do territorio e da actividade agraria é de grande importancia para a Consellería do Medio Rural. Coñecendo as dificultades que en moitas ocasións existen para que as explotacións acaden unha dimensión económica adecuada e a dificultade de cumprir coas exixencias do resto de medidas de apoio, trátase, mediante a axuda ás pequenas explotacións, de manter e impulsar o seu desenvolvemento.

Para iso exíxeselles aos solicitantes a presentación dun plan empresarial que deberá estruturarse do mesmo xeito que o especificado no punto anterior. O contido do plan será exactamente o mesmo e diferenciarase só nas cuestións propias dunha incorporación por primeira vez a agricultura.

ANEXO V
(continuación)

Criterios e datos para a realización de estudos económicos compatibles coa solicitude de primeira incorporación de agricultores mozos e de pequenas explotacións

O Plan empresarial, realizado de acordo con anexo V, debe cumprir uns estándares que permitan a súa avaliación e que sexan comparables entre si. É necesario polo tanto ofrecer aos redactores unha metodoloxía de cálculo acorde coa que se emprega nas aplicacións informáticas de xestión das axudas.

O persoal técnico do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario utiliza os resultados obtidos en estudos técnico-económicos por orientación produtiva, realizados por organismos cualificados, dos que é posible obter unha rendibilidade para cada explotación.

Os valores de prezo bruto por unidade estimado e os gastos ligados á produción que se utilizan, así como as dimensións de explotación calculadas mediante a súa utilización son publicadas no presente anexo.

• Metodoloxía de cálculo.

O obxectivo do estudo económico que debe recoller o Plan empresarial é o cálculo da renda unitaria de traballo (RUT) que deberá ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

Para este cálculo poderán empregarse os datos de prezos brutos publicados ao final do anexo. Se os importes empregados coinciden cos publicados, non será necesaria a xustificación documental, o mesmo para os gastos variables. Débense desagregar por claves os ingresos e gastos que se inclúen para o dito cálculo.

No caso de non empregar os datos publicados sobre produción bruta e «gastos variables», e sempre que exista unha porcentaxe de variación superior ao 10 % deles, será necesario, a parte da súa desagregación, que se xustifiquen documentalmente as contías empregadas.

Deste primeiro cálculo obterase a marxe bruta por unidade de produción en situación actual e prevista , que deberá vir especificada claramente no plan empresarial.

Marxe bruta = produto bruto – gastos variables

Para a obtención da marxe neta, será necesario establecer os gastos fixos da explotación que serán:

Os gastos xerais da explotación, que se cuantificarán e se desagregarán polos diferentes capítulos que se inclúen nel (salarios empregados e socios traballadores, Seguridade Social do titular e empregados, seguros agrarios, arrendamentos, asesorías,...)

As amortizacións, que se calcularán mediante a aplicación dunha progresión aritmética en que se considera un período de 20 anos para todas as construcións e instalacións e un período de 10 anos para a maquinaria. Unha vez pasado ese período, o valor residual aplicado é igual a cero (sinalar o período de amortización que se tivo en conta para a obtención dos cálculos).

Os gastos de reparación e conservación dos elementos da explotación, que se calcularán pola aplicación dunha porcentaxe do 4 % para a maquinaria e dun 2 % para as construcións e instalacións (esta porcentaxe aplicarase sobre o valor de compra/construción)

Marxe neta = marxe bruta – gastos fixos + subvencións – gastos financeiros

Unha vez obtida a marxe neta, a RUT da explotación obterase seguindo a fórmula especificada:

Renda da explotación = marxe neta + salarios

RUT =

Renda da explotación

____________________

Nº de UTA

A epígrafe de análise económica do plan completarase cun cálculo de fluxo de caixa.

O fluxo de caixa calcularase considerando que o proceso de instalación se rematará o máis rápido posible, de tal maneira que no primeiro ano solicitará o pagamento do 60 % da axuda de incorporación.

• Cadros de datos.

Clave

Subclave

Descrición

Prezo

bruto/ud.

Gastos variables

Marxe bruta

Unidade

Dimensión mínima admisible

6

0

Patacas

2.283,85 €

1.104,36 €

1.179,49 €

ha

8,00 ha

7

0

Amorodo

24.050,00 €

4.507,00 €

19.543,00 €

ha

0,50 ha

8

0

Kiwi

9.135,39 €

946,60 €

8.188,79 €

ha

1,00 ha

9

0

Outras froiteiras

9.616,19 €

1.658,79 €

7.957,40 €

ha

1,00 ha

9

2

Oliveira intensiva

14.250,00 €

2.100,00 €

12.150,00 €

ha

1,00 ha

9

3

Oliveira extensiva

3.800,00 €

2.100,00 €

1.700,00 €

ha

5,00 ha

9

4

Arando

66.223,96 €

52.738,11 €

13.485,85 €

ha

0,50 ha

10

0

Hortalizas aire libre

31.973,84 €

6.941,69 €

25.032,15 €

ha

0,50 ha

11

0

Flor aire libre

7.137,02 €

2.839,78 €

4.297,24 €

ha

1,50 ha

12

0

Invernadoiro flor

91.353,83 €

25.242,50 €

66.111,33 €

ha

0,15 ha

13

0

Invernadoiro hortaliza

75.366,92 €

13.883,38 €

61.483,54 €

ha

0,15 ha

14

1

Viveiros extensivo

90.000,00 €

40.500,00 €

49.500,00 €

ha

0,20 ha

14

2

Viveiros mixto

317.500,00 €

174.625,00 €

142.875,00 €

ha

0,10 ha

14

3

Semilleiros

999.999,00 €

482.408,00 €

517.591,00 €

ha

0,02 ha

15

0

Viñedo preferente

8.113,66 €

1.502,53 €

6.611,13 €

ha

1,50 ha

16

0

Viñedo non preferente

4.567,70 €

1.514,55 €

3.053,15 €

ha

2,50 ha

17

0

Outros cereais

647,09 €

228,38 €

418,71 €

ha

20,00 ha

17

1

Trigo

1.442,43 €

390,66 €

1.051,77 €

ha

8,00 ha

18

0

Outros cultivos

33.055,67 €

6.611,14 €

26.444,53 €

ha

0,50 ha

44

0

Vacas leite

0,31 €

0,19 €

0,12 €

1 kg produc.

95.000 kg

45

0

Xovencas leite

1.260,00 €

980,00 €

280,00 €

Cab.

60 cabezas

46

0

Vacas carne

743,60 €

376,67 €

366,93 €

Cab.

25 cabezas

47

0

Xuvencas carne

1.200,00 €

742,00 €

458,00 €

Cab.

30 cabezas

48

0

Xatos ceba

820,38 €

628,81 €

191,57 €

Praza

(1,25 cab.)

50 cabezas

49

0

Ovellas

103,00 €

18,00 €

85,00 €

Nai

90 nais

49

1

Ovellas leite

120,00 €

26,00 €

94,00 €

Nai

75 nais

50

0

Cabras

118,00 €

18,00 €

100,00 €

Nai

70 nais

51

0

Eguas

199,84 €

28,40 €

171,44 €

Nai

40 nais

52

0

Visóns femias

88,95 €

56,01 €

32,94 €

ud.

250 ud.

53

0

Coellas

139,99 €

105,94 €

34,05 €

Nai

200 nais

54

0

Enxames

100,00 €

31,55 €

68,45 €

ud.

100 ud.

55

0

Porcas nai

1.336,05 €

1.079,12 €

256,93 €

Porca nai

30 porcas nai

55

1

Porcas celtas nai

484,50 €

289,15 €

195,35 €

Porca nai

35 porcas nai

55

2

Porcas reprodutoras

883,79 €

687,33 €

196,46 €

Porca nai

45 porcas nai

56

0

Porcos ceba

285,48 €

268,20 €

17,28 €

Praza

400 prazas

56

1

Porcos ceba cadea

300,51 €

285,48 €

15,03 €

Praza

500 prazas

58

0

Aves carne

8,89 €

7,61 €

1,28 €

Praza

5.500 prazas

58

1

Polo curral

7,80 €

6,34 €

1,46 €

Praza

5.000 prazas

58

3

Pavos

27,11 €

22,54 €

4,57 €

Praza

2.000 prazas

58

8

Polo curral ecolóxico

21,00 €

14,07 €

6,93 €

Praza

1.500 prazas

59

0

Poñedoras

15,66 €

14,14 €

1,52 €

Praza

4.500 prazas

59

1

Poñedora ecolóxica

39,67 €

1,21 €

38,46 €

Praza

200 prazas

59

2

Recría int. bateria

-

-

-

Praza

1.000 prazas

59

3

Recría int. chan

-

-

-

Praza

600 prazas

59

4

Poñedora ovo para incubar

4,33 €

0,68 €

3,65 €

Praza

2.000 prazas

59

5

Poñedoras campeiras

20,23 €

15,32 €

4,91 €

Praza

2.000 prazas

ANEXO VI
Carteis e placas

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 17 adaptaranse ao seguinte formato estándar en que o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

Cores e tipo de letra

Cor branca fondo

Branca

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian 100 %

Cor fondo 2

Negra

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negra

Cor letra 2

Branca

Dimensións

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

>500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operación de reestruturación parcelaria ou, en xeral, actuacións que abarcan unha grande área territorial, empregaranse preferentemente carteis. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas.

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido) e non será admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

missing image file