Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17072

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de marzo de 2017 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para cada posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Facenda e pódense presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar os postos de traballo, persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa administración de orixe, considerándose neste sentido de non se emitir no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a adxudicarlle o posto para o cal se lle seleccionou.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o/a funcionario/a seleccionado/a non puidese incorporase ao posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considérase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. Esta convocatoria resolverase pola Consellería de Facenda. A resolución publicarase no DOG e se se considera oportuno, poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recurrir potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformmidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Denominación

Código

Nivel

Complemento específico

Gr.

Corpo/

escala

Adscr.

adm. P.

Tit. acád.

Form. espec.

Centro de destino

Localidade

Secretario/a interventor/a xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

FCC030000015770001

18

6.512,10 €

Xeral

A11

640

020

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

Interventor/a delegado/a da Consellería de Facenda

FCC030001215770001

30

21.239,82 €

A9.3

A11

640

Interventor/a delegado/a da Consellería de Facenda

Santiago de Compostela

Interventor/a delegado/a da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

FCC030001315770001

30

21.239,82 €

A9.3

A11

640

Interventor/a delegado/a da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Santiago de Compostela

Interventor/a delegado/a da Consellería do Mar

FCC030002015770001

30

21.239,82 €

A9.3

A11

640

Interventor/a delegado/a da Consellería do Mar

Santiago de Compostela

Descrición dos códigos da adscrición a administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Descrición dos códigos de formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento do galego (requisito indispensable).

(020) coñecemento informático a nivel usuario.

Descrición dos códigos dos corpos/escalas:

A9.3 Intervención

missing image file