Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de servizo consistente no deseño e posta en funcionamento do Observatorio da Vivenda de Galicia (expediente IGVS01-17).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: deseño funcional e posterior desenvolvemento do Observatorio da Vivenda de Galicia.

b) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: douscentos mil corenta euros (200.040,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e dous mil oito euros con corenta céntimos (42.008,40 €).

c) Importe total: douscentos corenta e dous mil corenta e oito euros con corenta céntimos (242.048,40 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación: o PCAP e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=135860, e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas: as proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes ou melloras: admítense melloras sobre os contidos mínimos previstos no PPT e no mantemento e a xestión operativa.

10. Apertura das ofertas: o acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo