Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17737

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

BDNS (Identif.): 342324.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Estar matriculado no curso 2016/17 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Segundo. Obxecto

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2017, co código de procedemento ED523A, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2017 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Cuarto. Importe

A dotación total para os premios será de 12.000 €.

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior:

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €.

3º premio: 1.000 €.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio:

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €.

3º premio: 1.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será 30 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria