Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 18028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica á interesada o emprazamento para a comparecencia no recurso contencioso-administrativo do procedemento abreviado 313/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non foi posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, por medio deste anuncio comunícase a Katia Carballo Coego que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 313/2016, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, interposto por María Gómez Antón contra a resolución pola que se desestima o recurso de alzada RA/VI/2014/00213, interposto contra a resolución do expediente sancionador VP-C-56/13 en materia de vivenda.

Esta consellería acordou o 15.2.2017, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido xulgado, o que se lle notifica en canto interesada no procedemento, e emprázase co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, ante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda