Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de convocatoria de selección dunha praza de policía local.

A Xunta de Goberno local deste concello, en sesión celebrada o 31 de marzo de 2017, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a cobertura da praza vacante que se sinala a seguir, incluida na oferta de emprego público para o ano 2017, aprobada por Resolución da Alcaldía do 8 de marzo de 2017 e publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 51, do 14 de marzo, e Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo:

Persoal funcionario:

– Grupo segundo artigo 76 e disposición transitoria terceira do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro: C.

– Subgrupo segundo o artigo 24.1.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril: C1.

– Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais.

– Escala segundo o artigo 24.1.c) da Lei 4/2007, do 20 de abril: básica.

– Categoría: policía local.

– Número de vacantes: 1.

Deste modo establécese un prazo de vinte días naturais para a presentación de instancias, prazo que comezará a contarse dende a inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases relativas atópanse publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 71, do 11 de abril de 2017.

A Illa de Arousa, 11 de abril de 2017

Carlos Iglesias Cores
Alcalde