Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18600

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017, do tribunal nomeado para a selección de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro de 2017), pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as coa baremación definitiva de méritos.

En sesión que tivo lugar o día 7 de abril de 2017, o tribunal nomeado pola Resolución do 13 de febreiro de 2017 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) pola que se nomea o tribunal de selección de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, logo de ter publicada a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos con expresión da puntuación provisional de méritos (DOG núm. 58, do 23 de marzo) na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios, á vista das alegacións presentadas,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de admitidos coa baremación definitiva dos méritos para cada unha das prazas obxecto da convocatoria.

A dita relación publicarase na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do artigo 121.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. De acordo coa base sexta da convocatoria, o tribunal proporá á Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, como aspirantes que se contratarán para ocupar cada unha das prazas obxecto desta convocatoria, aqueles que acadasen maior puntuación en cada unha das relacións de baremación definitiva de méritos, que deberán presentar no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, a seguinte documentación ante a Axencia:

– Tarxeta sanitaria e/ou número de afiliación á Seguridade Social.

– Certificado médico oficial ou informe de saúde en que se acrediten os aspectos sinalados na base 2.1.4 da convocatoria.

– Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas para efectos de acreditar os aspectos sinalados na base 2.1.5 da convocatoria.

Se os/as candidatos/as seleccionados/as non presentan a documentación no prazo establecido, ou presentan a súa renuncia á contratación para o posto para o que foron seleccionados/as (caso en que se fará mediante solicitude expresa ao respecto, no mesmo prazo sinalado no punto anterior), resultará automaticamente seleccionado/a o/a seguinte aspirante segundo a listaxe correspondente e a orde de prelación desta, que deberá presentar nun novo prazo de cinco días hábiles a documentación citada no punto 6.5 da convocatoria.

Despois de seleccionados/as os/as candidatos/as e presentada a súa documentación, segundo o establecido nos puntos anteriores, comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, procederase á formalización das contratacións obxecto da convocatoria.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

Luis Ángel León Mateos
Presidente do tribunal