Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2017/017-1).

Expediente: IN407A 2017/017-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS e CTM Atrio de Rodís.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 109 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2 Al), con orixe no apoio 68 existente da liña LMT Cerceda-A Silva (expte. IN407A 2008/488-1) e final no CST Atrio de Rodís proxectado. Substitución deste apoio para incorporar sistema A/S.

– LMTS a 20 kV, de 129 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2 Al), con orixe no CST Atrio de Rodís proxectado e final no apoio 1 existente da liña LMT CTA A Tablilla (expte. IN407A 2001/105-1). Instalación de sistema A/S en apoio 1.

– Novo CST Atrio de Rodís prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña