Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19570

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2017.

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2017 (DOG nº 59, do 24 de marzo) regúlanse e convócanse as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2017.

En aplicación do establecido no artigo 13 da referida resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 3 de maio. A coincidencia do prazo sinalado para a presentación de solicitudes cos días festivos da celebración da Semana Santa, a circunstancia de que a maioría dos potenciais beneficiarios residen fóra de España, así como a situación especial que están a atravesar os residentes dalgúns países de Iberoamérica, lugar de residencia da maioría dos destinatarios destas axudas aconsellan proceder a unha ampliación do prazo sinalado inicialmente.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar ata o 10 de maio de 2017, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 13 da Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2017.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración