Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22108

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017 pola que se convoca a xornada A boa Administración e o dereito administrativo.

Conforme os fins que lle asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar a seguinte xornada: a boa Administración e o dereito administrativo, de acordo coas bases que se indican a continuación:

1. Obxectivos.

O obxectivo principal desta acción formativa é profundar no estudo do principio e dereito á boa Administración desde unha perspectiva xeral e nalgúns sectores da actividade administrativa, con especial referencia á contratación administrativa.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A proxección da boa Administración e o dereito administrativo contemporáneo.

– A boa Administración e os servizos públicos.

– O dereito á boa Administración na contratación pública.

– A boa Administración e o ambiente.

3. Destinatarios/as.

Persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e dos entes do sector público autonómico, da Administración de xustiza, das universidades galegas, xuristas, alumnos/as universitarios/as e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Universidade da Coruña; Facultade de Dereito; Salón de Graos; Campus de Elviña, s/n. A Coruña.

Data: martes, 16 de maio de 2017.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 7 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/.

O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 11 de maio de 2017.

Poderase obter calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41 e 981 54 62 39.

7. Criterios de admisión.

A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

8. Publicación da listaxe de persoas admitidas.

A listaxe de persoas seleccionadas publicarase na páxina web da EGAP, na epígrafe correspondente a esta xornada (http://egap.xunta.gal/).

9. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

10. Certificado de asistencia oficial.

Ao final da xornada expedirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización da xornada, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública