Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de arquitecto incluída na oferta de emprego público 2016.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 65, do 5 de abril de 2017, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

– Grupo A subgrupo A1; escala: Administración especial, subescala: técnica; clase: superior denominación: arquitecto; número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 5 de abril de 2017

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde