Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23300

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017 pola que se convoca un curso básico de capacitación para a categoría de policía dos corpos de policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2017, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase o desenvolvemento dun curso selectivo para a categoría de Policía dos corpos de policía local, segundo o previsto no artigo 35.2 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais, e no artigo 16 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

• Obxectivos.

Dotar os policías dunha formación teórico-práctica de carácter inicial, específica para as funcións propias dos corpos de policía local, facilitándolles a competencia e a capacidade necesarias para o posterior desempeño da súa actividade profesional.

• Destinatarios/as.

O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que superaron as correspondentes probas de acceso á categoría de policía dos corpos da policía local dos diferentes concellos de Galicia.

• Prazas.

Sen límite.

• Solicitudes.

1. Os concellos deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública mediante o que solicitan as correspondentes prazas de reserva, con indicación das persoas que superaron as correspondentes probas de oposición á categoría de policía.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 18 de maio de 2017.

• Contido e duración do curso.

O curso desenvolverase en réxime de internado, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outros os seguintes módulos:

– Xurídico.

– Policía de tráfico.

– Operativo.

– Asistencial.

– Técnico.

– Policía administrativa.

– Social-humanístico.

– Policía xudicial e de investigación.

– Formación física.

O curso terá unha duración de nove meses, seis meses de formación teórica na Agasp e tres meses de prácticas nos respectivos concellos de procedencia.

• Desenvolvemento do curso.

O alumnado da Academia Galega de Seguridade Pública durante o seu período de permanencia nesta rexerase polo regulamento de réxime interior desta, publicado pola Orde do 4 de febreiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no DOG núm. 30, do 12 de febreiro.

• Datas.

– Este curso desenvolverase entre o 22 de maio de 2017 ata o 31 de xaneiro de 2018, na forma que a continuación se indica:

– Na Academia, en dous períodos:

1. Do 22 de maio ao 14 de xullo de 2017.

2. Do 4 de setembro ao 22 de decembro de 2017.

– Nos concellos de procedencia realizando o período de prácticas:

1. Do 15 de xullo ao 3 de setembro de 2017.

2. Do 23 de decembro de 2017 ao 31 de xaneiro de 2018.

• Certificado.

De acordo co previsto no artigo 19 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da Lei 4/2007, unha vez superado o curso e o período de prácticas, a Agasp emitirá un informe mediante o que certifica a dita superación, de xeito que o concello de pertenza se poida proceder ao nomeamento como persoal funcionario de carreira e á toma de posesión na categoría de policía.

• Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de maio de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública