Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23773

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2017/18.

O Decreto 163/2015, do 29 de outubro, establece o Plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia, así mesmo, o Decreto 171/2016, do 24 de novembro, establece o Plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección e Produción e Xestión, e amplíanse os anexos do Plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, mediante a incorporación de novos itinerarios. O artigo 5.1 de ambos os dous decretos establece que para o acceso a estas ensinanzas se requirirá cumprir os requisitos establecidos no artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Así mesmo, o punto 4 dos citados decretos establece que a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, convocará, organizará, desenvolverá e avaliará, con carácter anual, unha proba específica de acceso a estes estudos superiores.

Igualmente, a Orde do 21 de novembro de 2016, pola que se regula a ordenación das ensinanzas superiores de Música en desenvolvemento do citado Decreto 163/2015, do 29 de outubro, nos seus artigos 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9, regula respectivamente os requisitos xerais para o acceso, a proba específica de acceso, as características da proba específica de acceso, a proba que substitúe o requisito de titulación, a convocatoria das probas de acceso, o acceso para aspirantes con discapacidade e o acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.

En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de música para o curso 2017/18. Xa que logo, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar as probas específicas de acceso aos conservatorios superiores de música para o curso 2017/18, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeiro. Acceso

1. De acordo co establecido no artigo 3 da citada Orde do 21 de novembro de 2016, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica de acceso á que se refire o artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos Estudos Superiores de Música terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, e axustarase ao disposto no artigo 5 da citada orde, segundo a especialidade para a que se opte.

3. De conformidade co establecido no artigo 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado nos que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

4. Poderán presentarse á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do bacharelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciado ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomado poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomado quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.

5. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel, no prazo extraordinario de matrícula, se houbese vacantes na quenda correspondente, e segundo os criterios de asignación establecidos nesta resolución.

6. A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40 % da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.

7. No relativo ao cálculo da nota media do alumnado das ensinanzas profesionais de música, será tido en conta o establecido polo Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro.

Segundo. Acceso para aspirantes con discapacidade

1. De acordo co establecido no artigo 8 da Orde do 21 de novembro de 2016, os/as aspirantes ao acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas.

2. Para tal efecto, os/as aspirantes con algunha discapacidade deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

3. Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba, co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

Terceiro. Acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel

De acordo co establecido no artigo 9 da Orde do 21 de novembro de 2016, en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparta algunha das especialidades dos estudos superiores de Música, reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade impartida, para o acceso a estas dos/das aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, e que reúna os requisitos académicos establecidos.

Cuarto. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión

1. Acceso. Tribunais.

De acordo co establecido no artigo 7.4 da Orde do 21 de novembro de 2016, para a organización, realización, avaliación e cualificación da proba específica de acceso, constituirase un tribunal por especialidade e itinerario, que figura no anexo a esta resolución. As direccións dos conservatorios superiores garantirán a actuación destes tribunais e, se é o caso, das suplencias que se poidan producir.

2. Admisión. Comisión de admisión.

Para os efectos de dar cumprimento ao establecido nesta resolución, constituirase unha comisión que supervisará o proceso de admisión do alumnado e o cumprimento das normas que o regulan, e proporá, se é o caso, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a adopción das medidas que considere adecuadas. Os membros desta comisión son os que se recollen no anexo desta resolución.

Quinto. Inscrición dos/as aspirantes ao acceso

1. A inscrición farase nas secretarías dos conservatorios superiores de Música no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 5 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas por especialidade e itinerario.

2. Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores de Música facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

a) Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba que substitúe o requisito de titulación ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude, quedando condicionada a súa admisión á superación dela.

b) Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificacións das ensinanzas profesionais, se é o caso, con indicación da nota media do expediente.

3. O día 6 de xuño, os conservatorios superiores de música exporán as listaxes provisionais de admitidos ás probas específicas no seu taboleiro de anuncios e nas súas páxinas web. Os aspirantes que non fosen admitidos ou que observen erros na listaxe poderán presentar a súa reclamación os días 7 e 8 de xuño, na secretaría do conservatorio superior no que teñan presentado a súa solicitude de admisión.

4. O día 9 de xuño, os conservatorios superiores de música deberán achegar á comisión de admisión, a través do correo electrónico asesoria.musicasuperior@edu.xunta.es, a relación definitiva de inscritos para o proceso de acceso e admisión, ordenada alfabeticamente, con apelidos, nome, documento nacional de identidade, NIE ou pasaporte, segundo proceda; proba ou probas que deban superar, especialidade/s e itinerario/s dos Estudos Superiores de Música aos que opte, por orde de preferencia e centros públicos aos que opte por orde de preferencia.

5. O día 12 de xuño, a relación definitiva das persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada conservatorio superior, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

Sexto. Desenvolvemento das probas

As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016, e darán comezo o día 19 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

Sétimo. Reclamacións e recursos

1. A cualificación das probas específicas de acceso poderá ser obxecto de reclamación dirixida ao presidente do tribunal cualificador, no prazo de dous día hábiles contados a partir do día da súa publicación. O tribunal deberá resolver sobre as reclamacións presentadas no prazo de dous días hábiles seguintes ao do remate deste prazo de reclamación.

2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polo tribunal, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3. Os acordos e decisións sobre a asignación de prazas poderán ser obxecto de reclamación, presentada mediante escrito fundamentado na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dirixida á comisión de acceso, e/ou mediante correo electrónico no seguinte enderezo: sxapere@edu.xunta.es

Oitavo. Admisión do alumnado

1. Concluída a proba específica, e antes do día 27 de xuño, os tribunais publicarán a listaxe de aspirantes presentados/as con expresión da cualificación final obtida na proba específica, e aspirantes non presentados/as, ordenada segundo a cualificación obtida na proba de acceso, en orde decrecente, no taboleiro de anuncios e na páxina web dos conservatorios superiores de Música, e remitirán a dita listaxe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a súa publicación no portal educativo.

2. Os tribunais encargados da avaliación e cualificación da proba específica de acceso deberán resolver sobre as reclamacións en contra das cualificacións e/ou sobre as solicitudes de corrección de erros recibidas, e publicarán o día 3 de xullo a listaxe definitiva nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web dos conservatorios superiores de Música, achegando as listaxes á Comisión de admisión, a través do correo electrónico asesoria.musicasuperior@edu.xunta.es

3. A Comisión, á vista das listaxes dos aspirantes que superaron a proba de acceso, determinará, en función do número de vacantes, os aspirantes que obtiveron praza nos respectivos conservatorios, e publicará o día 5 de xullo, no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es, a listaxe definitiva de alumnado admitido en cada conservatorio por especialidade e itinerario.

Noveno. Matrícula

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 6 e 14 de xullo, ambos os dous incluídos.

2. Para a formalización da matrícula os conservatorios facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase na secretaría do conservatorio e xuntarase á documentación xa presentada polo/a aspirante. A non formalización da matrícula no prazo estipulado, agás causas debidamente xustificadas, que valorará a dirección do conservatorio, implicará a perda do dereito á praza asignada para cursar estas ensinanzas no curso académico 2017/18.

3. No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro, de acordo co establecido nesta resolución. Para tal fin, o centro establecerá un calendario destas na primeira quincena de setembro e fará públicas as vacantes nas distintas especialidades no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Finalizado este proceso, o centro comunicará á dirección xeral competente en materia de educación o resultado destas probas e, de ser o caso, o número de prazas que quedasen sen cubrir.

4. A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnos e alumnas admitidos. Non se cuantifica para estes efectos o alumnado repetidor.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

1. Comisión de admisión aos estudos superiores de Música para o curso 2017/18.

Presidenta: Mª Teresa Bárbara Criado.

Secretario: Julio Mourenza Torreiro.

Vogais: Esteban Valverde Corrales, Leticia Presas Freire, Roberto Noche García.

2. Tribunais encargados da redacción, realización e cualificación das probas específicas de acceso aos estudos superiores de Música.

Tribunais CMUS Superior da Coruña. Convocatoria 2017/18.

– Composición:

Presidente/a: Mario Seoane Blanco.

Vogais: Manuel A. Varela Sanjurjo, Julián Rodríguez Rodríguez.

Suplentes: Mª Paz Pita Vázquez, José Baldomir Fernández.

– Dirección:

Presidente/a: Fernando López Briones.

Vogais: Elisa Timiraos Ferreiro, Sergio Añón Lijó.

Suplentes: Narciso Pillo Guerreiro, Pablo Diago Busto.

– Interpretación. Itinerario Acordeón:

Presidente: Fernando Fraga Traba.

Vogais: Javier Ares Espiño, Mario Seoane Blanco.

Suplentes: Laura Mª Díaz Pérez, Giselle Grau Garcells.

– Interpretación. Itinerario Canto:

Presidente/a: Mª Teresa Bárbara Criado.

Vogais: Carolina Pérez Vázquez, Julián Rodríguez Rodríguez.

Suplentes: Alicia Núñez Vallejo, Alfonso Vales González.

– Interpretación. Itinerario Guitarra:

Presidente/a: Ramón Luis Carnota Méndez.

Vogais: Rodolfo García Alonso, Antonio Peña Fernández.

Suplentes: Eulogio García Fernández Albalat, Pablo Guillermo Ruibal Armesto.

– Interpretación. Itinerario Jazz:

Presidente/a: Íñigo Azurmendi Muñoa.

Vogais: Fernando Llorca Freire, Joaquín García Souto.

Suplentes: Traugott Graser, Hansel Luis Díez.

– Interpretación. Itinerario Corda fretada (violín, viola, violonchelo, contrabaixo):

Presidente/a: Sergio Sieiro Rey.

Vogais: Clara Groba Otero, Beatriz Rodríguez Caridad, Nerea Casanova Gilsanz, Patricia T. Sánchez Cao.

Suplentes: Rogelio Groba Otero, Carolina Landriscini Marín.

– Interpretación. Itinerario Percusión:

Presidente/a: Pilar García Ríos.

Vogais: Luis Miguel Sobrevela Romaguera, Patricia T. Sánchez Cao.

Suplentes: Pedro Fernández Roque, Ricardo Blanco Rodríguez.

– Interpretación. Itinerario Piano:

Presidente/a: Daniel Zacarés Costa.

Vogais: Alicia González Permuy, Antonio Peña Fernández.

Suplentes: Jorge Briones Martínez, Rosa Mª García Barcia.

– Interpretación. Itinerario Vento madeira (Tribunal I: Clarinete, Saxofón):

Presidente/a: María de la O Gil Lago.

Vogais: Pablo Coello Rodríguez, José Baldomir Fernández.

Suplentes: José Mª Belló García, Narciso Pillo Guerreiro.

– Interpretación. Itinerario Vento madeira (Tribunal II: Frauta traveseira, óboe, fagot):

Presidente/a: Miguel Gil Peris.

Vogais: César Concheiro Guerrico, Jesús Coello Rodríguez, Ismael Vaquero Baquero, José Baldomir Fernández.

Suplentes: José Manuel Yáñez Carballeira, Irina Moryatova Yakymicheva.

– Interpretación. Itinerario Vento metal:

Presidente/a: Arturo Centelles Fabado.

Vogais: Gonzalo Sánchez García, Benjamín Iglesias Martínez, Ignacio Fernández Rodríguez, Mª Paz Pita Vázquez.

Suplentes: Iago Ríos Martínez, Andrés Vales González.

– Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía Xeral e da Linguaxe Musical:

Presidente/a: T. Matilde Rubio Mur.

Vogais: Leticia Díaz Santana, Pilar Cancio López.

Suplentes: Janet Salinas Cabrera, Leticia Presa Freire.

Tribunais CMUS Superior de Vigo. Convocatoria 2017/18.

– Composición:

Presidente: José Antonio Cantal Mariño.

Vogais: Juan Manuel Eiras Tojo, Pablo Beltrán Sobrado.

Suplentes: Carlos M. Cambeiro Alís, Diego David Cuevas Sánchez.

– Interpretación. Itinerario Canto:

Presidenta: Patricia Blanco Piñeiro.

Vogais: Mª Teresa Novoa Freitas, Diego David Cuevas Sánchez.

Suplentes: Beatriz Riobó Agulla, Carlos Enrique Pérez Gómez.

– Interpretación. Itinerarios Clave, Viola da gamba e Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e Barroco:

Presidente: Rafael Muñoz Rodríguez.

Vogais: Sara Ruiz Martínez, Mª del Mar Blanco Moreno, José Antonio Cantal Mariño, Manuel Morales Fernández.

Suplentes: Emilio Lede Abal, José Luis Fernández Rodríguez.

– Interpretación. Itinerario Corda fretada (Contrabaixo, Viola, Violín e Violonchelo):

Presidente: Marta Vélez Pérez.

Vogais: Ana Torres Estarque, Francisco Javier Escobar Vidal, Juan Carlos Villar del Saz, Juan Manuel Eiras Tojo.

Suplentes: Mario Peris Salóm, Álvaro Quintanilla Marful.

– Interpretación. Itinerario Guitarra:

Presidenta: Margarita García Escarpa.

Vogais: Antonio Rocha Álvarez, Carlos Cambeiro Alís.

Suplentes: José Luis Fernández Rodríguez, Manuel Martínez Álvarez-Nava.

– Interpretación. Itinerario Instrumentos da música tradicional e popular:

Presidenta: Rebeca Carrera Argibay.

Vogais: Xurxo Fernández Fernández, Pablo Beltrán Sobrado.

Suplentes: José Manuel Fernández González, David Regueiro Fernández.

– Interpretación. Itinerario Percusión:

Presidente: Vicent Grau i Díaz.

Vogais: Carlos Castro Roig, Jacobo Gaspar Grandal.

Suplentes: Nicasio Gradaílle Peña, Rafael S. Yebra Rivera.

– Interpretación. Itinerario Piano:

Presidenta: Patricia Rejas Suárez.

Vogais: Arabel Moráguez Garcell, Carlos M. Cambeiro Alís.

Suplentes: Pablo Rodríguez Fernández, Severino Ortiz Rey.

– Interpretación. Itinerario Vento madeira (Tribunal I: Clarinete, Saxofón):

Presidente: Francisco Pérez Rodríguez.

Vogais: Alejandro Troya Navarro, Jacobo Gaspar Grandal.

Suplentes: Rafael S. Yebra Rivera, Roberto C. Noche García.

– Interpretación. Itinerarios Vento madeira (Tribunal II: Frauta traveseira, óboe, fagot):

Presidente: Ricardo Pazo García.

Vogais: Manuel Morales Fernández, Asterio Leiva Piñeiro, Óscar Araújo Comesaña, Diego David Cuevas Sánchez.

Suplentes: Fernando Raña Barreiro, Esteban Valverde Corrales.

– Interpretación. Itinerario Vento metal:

Presidente: Enrique Lorenzo Vila.

Vogais: Jonathan Vázquez Carrera, Jesús Vicente Monzó, Javier Viceiro Filgueira, Emilio Lede Abal.

Suplentes: Adolfo Caride Rodríguez, Alejo Amoedo Portela.

– Musicoloxía. Itinerarios Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica:

Presidente: Julio Carlos Alonso Monteagudo.

Vogais: Javier Luis Jurado Luque, Roberto Francisco Relova Quinteiro.

Suplentes: Carolina Hernández Abad, David Regueiro Fernández.

– Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía xeral e da linguaxe musical:

Presidenta: Nieves Salguero Núñez.

Vogais: Josefina Alborés Núñez, María Josefa Torres Estarque.

Suplentes: Lilián de Arredondo Cuéllar, Isabel Gil Lloréns.