Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24809

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de maio de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística xustifícase na aprobación, mediante Decreto 60/2016, do 26 de maio, do seu estatuto (DOG núm. 108, do 8 de xuño), nas necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.

En consecuencia, por proposta do director do organismo, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 11 de maio de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

FC.A01.00.000.15770.050

Xefatura Unidade de Modelización Socioeconómica

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

FC.A01.00.001.15770.040

Xefatura de Servizo de Informática

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de maio de 2017, relativo a aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO.

CE

CONCURSO ESPECÍFICO.

LD

LIBRE DESIGNACIÓN.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2062

LIC./GRAO DEREITO.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

640

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

954

PERMISO CONDUCIR B (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

XCI

XERAL (ESCALA TÉCNICA AUXILIAR DE INFORMÁTICA).

XME

XERAL (ESCALA TÉCNICA DE ESTATÍSTICOS).

XMI

XERAL (ESCALA DE XESTIÓN DE SISTEMAS DE INFORMÁTICA).

XSE

XERAL (ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICOS).

XSI

XERAL (ESCALA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A20(6)

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA., E DO INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA.

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS.

CON

CONTRATACIÓN.

ECO

ECONÓMICO-ORZAMENTARIA.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS.

B14

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN.