Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25847

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de maio de 2017 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Advertido un erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 96, do 22 de maio de 2017, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 24671, no cadro nº 2 do anexo I (nº de posto 2), onde di:

Nº do posto

2

Convenio: Secretaría Xeral para o Deporte

Destino

2.1 Santiago de Compostela

2.2 A Coruña

Prazas

1 praza para PES, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física, en Santiago de Compostela

1 praza para PES, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física, na Coruña

Funcións

Desenvolvemento da campaña do Deporte en idade escolar.

Participación na programación e divulgación da campaña de Deporte en idade escolar e as zonas e comarcas da súa área de actuación.

Organización e seguimento de competicións deportivas.

Coordinación do grupo de traballo e dinamización da campaña.

Elaboración de memorias e estatísticas da campaña.

Requisitos

Persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física.

Observacións

Horario adecuado ás necesidades da actividade deportiva e ao seu desenvolvemento (tardes e fins de semana)

Necesidade de desprazamento ás competicións ou servizos de coordinación.

Debe dicir:

Nº do posto

2

Convenio: Secretaría Xeral para o Deporte

Destino

Santiago de Compostela

Prazas

2 prazas para PES, da especialidade de Educación Física ou que posúan a licenciatura en Educación Física, en Santiago de Compostela