Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 25982

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Contía

Data de sinatura

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Valencia (Venezuela)

20.000,00 €

3.3.2017

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

30.000,00 €

3.3.2017

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas

20.000,00 €

3.3.2017

Convenio de colaboración coa Fundación España Salud

Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

70.000,00 €

3.3.2017

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento da oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

60.000,00 €

28.3.2017

Convenio de colaboración coa Casa de España en Río de Xaneiro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Río de Xaneiro (Brasil)

40.000,00 €

25.3.2017

Convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes

10.000,00 €

18.4.2017

Convenio de colaboración coa Diocese de Lugo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500,00 €

18.4.2017

Convenio de colaboración coa Diocese de

Mondoñedo-Ferrol

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500,00 €

17.4.2017

Convenio de colaboración coa Diocese de Ourense

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes

4.000,00 €

17.4.2017

Convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500,00 €

18.4.2017