Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26482

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 15 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (identif.): 348538.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia a mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 15 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de trescentos setenta e tres mil seiscentos trinta euros (373.630 €), dos que cento setenta e tres mil oitocentos euros (173.800 €) se reservan para entidades locais con cargo á aplicación orzamentaria 12.05.312F.460.0, mentres que os restantes cento noventa e nove mil oitocentos trinta euros (199.830 €) son para entidades de acción voluntaria con cargo á aplicación orzamentaria 12.05.312F.481.0. Finánciase o 100 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior aos 4.800 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un dos voluntarios/as, e do número de días que participará cada un, así como do custo que correspondería por número de voluntarios/as e días e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social