Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26669

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo dun técnico de normalización lingüistica.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2017, convócase proceso de selección polo sistema de oposición dun/dunha técnico/a de normalización lingüística, asimilado ao grupo A, subgrupo A1, para executar o Programa local de normalización lingüística.

O período de contratación sera de 2 anos contados desde a toma de posesión da persoa funcionaria que resulte seleccionada e a xornada de traballo será de 25 horas semanais.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

Arzúa, 10 de maio de 2017

José Luis García López
Alcalde