Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte especializado en normas, estándares e difusión da Axenda dixital de Galicia (expediente 2017/PA/0018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento e execución de diversos servizos de apoio á Axenda dixital de Galicia: Plan de difusión e dinamización do desenvolvemento dixital de Galicia mediante actuacións de divulgación das iniciativas tecnolóxicas no marco da Axenda dixital de Galicia que contribúan ao coñecemento e aproveitamento destas por parte da sociedade galega, e servizo de soporte e asesoramento especializado en normas técnicas e estándares para o desenvolvemento da Administración dixital.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.2.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 207.900,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 207.900,00 € máis 43.659,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 251.559,00 € (douscentos cincuenta e un mil cincocentos cincuenta e nove euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 18.5.2017.

c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

d) Importe de adxudicación: 178.773,21 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia