Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2016/562-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 22 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2016/562-1.

Acta Inf. nº: I152016000127894.

Empresa: Piensos Dumbría, S.L.

NIF: B15201338.

Concello: Teo (A Coruña).

Materia: seguridade e saúde.

Data da resolución: 10 de maio de 2017.

2. Expediente: RL 2016/569-1.

Acta Inf. nº: I152016000116174.

Empresa: Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L.

NIF: B70389986.

Concello: Culleredo (A Coruña)

Materia: obstrucción.

Data da resolución: 25 de abril de 2017.

3. Expediente: RL 2016/575-1.

Acta Inf. nº: I152016000118501.

Empresa: Naval Metalúrgica Donis, S.L.

NIF: B70064852.

Concello: Culleredo (A Coruña)

Materia: prevención riscos laborais.

Data da resolución: 25 de abril de 2017.

4. Expediente nº: RL 2016/582-1.

Acta Inf. nº: I152016000126985.

Empresa: Mugue Novias, S.L.

NIF: B70224530.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: obstrución.

Data da resolución: 4 de maio de 2017.