O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,
RESOLVO:
Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017
Francisco Javier Abad Pardo
Secrerio xeral técnico da Consellería de Política Social
ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2017
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Importe (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo». |
Regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo», desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña. Este programa inclúe o deseño e a aplicación do tratamento terapéutico dos menores derivados polos equipos técnicos de menores da Consellería de Política Social, o seguimento e a avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores dos menores que estean recibindo o tratamento. Para a súa execución, é preciso contar cun equipo de profesionais con suficiente formación e experiencia, coordinados e supervisados baixo unhas directrices e metodoloxía común, que debe constituír unha rede de calidade na avaliación e tratamento de menores que é obxecto deste convenio e que será seleccionado, formado e supervisado pola UIICF sobre a base de criterios científicos avalados por resultados de proxectos de investigación previos. |
2.1.2017 |
179.136,24 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do Programa de «integración familiar». |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do Programa de integración familiar nas catro provincias da Comunidade Autónoma, a través do cal se promoverá e potenciará a adecuada atención e protección á infancia e á adolescencia por parte das súas familias, a través dunha intervención integral e especializada no propio contexto da familia afectada, estimulando capacidades, corrixindo déficits, promovendo cambios e reparando danos. |
2.1.2017 |
418.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado. |
18.4.2017 |
330.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Juansoñador para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para a infancia, adolescencia e familias |
Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación JuanSoñador, en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela e/ou garda da Xunta de Galicia poidan acceder ao programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias a través das liñas de actuación máis acomodadas segundo o caso. |
21.4.2017 |
77.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para a realización do programa «Correspondentes universitarios» |
Establecer a forma e as condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para a posta en marcha do programa «Correspondentes universitarios» entre o seu alumnado. |
13.2.2017 |
Sen custo |


