Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27468

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Coristanco para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca pública municipal dependente deste.

9.1.2017

0,00 €

Convenio de colaboración para a realización de prácticas externas para estudantes de ensinanzas artísticas superiores no Museo Pedagóxico de Galicia.

18.1.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (España) e a Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

24.1.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (España) e a Universidade de São Paulo (Brasil) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

25.1.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

26.1.2017

149.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para realización de actividades de difusión e de formación dos programas Navega con Rumbo e Programación nas Escolas.

31.1.2017

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral.

1.2.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

2.2.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco-Cecopesca).

3.2.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

9.2.2017

0,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas, de alumnos da facultade de Filoloxía e Tradución, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

14.2.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción.

24.2.2017

0,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

2.3.2017

25.179,44 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.

2.3.2017

10.123,69 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Opinión de A Coruña, S.L.

2.3.2017

9.085,37 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade La Región, S.A.

2.3.2017

22.064,46 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial La Capital, S.L., Diario de Ferrol.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial La Capital, S.L., Diario de Arousa.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial La Capital, S.L., El Ideal Gallego.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Editorial Compostela, S.A.

2.3.2017

16.872,82 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

2.3.2017

69.048,78 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A.

2.3.2017

6.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo.

3.3.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e El Progreso de Lugo, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo, que edita esta entidade.

13.3.2017

28.868,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Funcionarios para a Normalización da Lingua, para actuacións de normalización lingüística.

13.3.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de grao superior da formación profesional inicial e materias de estudos universitarios.

17.3.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en linguaxes específicas galegas para o ano 2017.

22.3.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial La Capital, S.L., para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa, que edita esta entidade.

27.3.2017

10.423,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Grupo La Región, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Región, que edita esta entidade.

27.3.2017

18.494,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Rías Baixas Comunicación, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario, que edita esta entidade.

27.3.2017

4.149,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial Compostela, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Correo Gallego, que edita esta entidade.

27.3.2017

13.575,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Foro Enrique Peinador, para actuacións de normalización lingüística.

28.3.2017

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para actuacións de normalización lingüística.

28.3.2017

23.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo para a realización de actuacións de normalización lingüística.

28.3.2017

26.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

28.3.2017

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades para a organización do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

30.3.2017

12.610,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia para a realización dun curso de linguaxe xurídica galega para o ano 2017.

30.3.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para a formación en lingua galega do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza para o ano 2017.

31.3.2017

26.910,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Vicente Risco para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

5.4.2017

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da Revista Dorna.

10.4.2017

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística.

10.4.2017

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

11.4.2017

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro para a realización de actuacións de normalización lingüística.

11.4.2017

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Corporación Voz de Galicia, S.A., para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia e da emisora de radio Radio Voz.

11.4.2017

148.850,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Ferega-Ceca para actuacións de normalización lingüística.

12.4.2017

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega para a integración de fondos no repositorio de Galiciana-biblioteca dixital de Galicia.

18.4.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística.

25.4.2017

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Arbo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de reparación e consolidación da Ponte Mourentán en Arbo.

28.4.2017

0,00 €