Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28005

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 54/2017, do 8 de xuño, polo que se nomea presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais a Verónica Martínez Barbero.

En virtude do establecido no artigo 9 da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, e no artigo 13 do seu Regulamento de réxime interno de organización e funcionamento, publicado no DOG número 221, do 13 de novembro de 2008, e de conformidade coa proposta formulada polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, logo da súa aprobación por cada unha das dúas representacións que integran o Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais reunido para o efecto,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomear presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais a Verónica Martínez Barbero.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Alberto Núñez Feijóo
Presidente