Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28203

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017 pola que se dispón a publicación da encomenda de xestión deste instituto á Axencia Galega de Infraestruturas relativa á valoración das ofertas técnicas presentadas no expediente de contratación do servizo para a elaboración do proxecto construtivo dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a 1ª fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra do Miño-As Neves (Plisan), a execución das obras da citada EDAR e do seu acceso, a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación (expediente Plisan-2017/EDAR).

O 26 de maio de 2017 o secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, por delegación da competencia por parte da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, segundo a Orde do 4 de decembro de 2015 (DOG núm. 236, do 11 de decembro), autorizou a encomenda de xestión do Instituto Galego da Vivenda e Solo á Axencia Galega de Infraestruturas para a elaboración do informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas no expediente de contratación do servizo para a elaboración de proxecto construtivo dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a 1ª fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra do Miño-As Neves (Plisan), a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación, e elaboración, de ser o caso, do informe técnico nas baixas que poidan producirse.

Os referidos informes serán emitidos por persoal técnico cualificado da Axencia Galega de Infraestruturas.

Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Axencia Galega de Infraestruturas órganos pertencentes á mesma consellería, con personalidade xurídica propia.

A vixencia da presente encomenda estenderase desde a súa sinatura ata o 30 de decembro de 2017.

A finalización anticipada da encomenda poderá producirse por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

Para xeral coñecemento, e en cumprimento do disposto no punto 4 do artigo 9 da Lei 16/2000, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, disponse a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo