Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 871/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 871/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría contra Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mutua Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, sobre seguridade social, se ditou sentenza con data do 9 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 871/2015, seguidos por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS, en diante), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS, en diante), ambas as entidades asistidas pola letrada Sra. Goyanes Viviani, Mutua Fremap, asistida polo letrado Sr. Amigo Estrada, Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes,

Resolución:

Que desestimo a demanda interposta por José Lorenzo Martís Santamaría fronte ao INSS, á TXSS, Mutua Fremap, Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. e, en consecuencia, absolvo os demandados das peticións formuladas na súa contra e confirmo a resolución impugnada.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. e a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza