Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 19 de maio de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00053-O-2017 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00053-O-2017 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunícaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 19 de maio de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00053-O-2017

7666-JLN

Marega Global Services, S.L.

B27771476

A retirada non autorizada das follas de rexistro cando iso non afecte os datos rexistrados.

9.12.2016; .8.25.00; A-6; 461,0

Art. 142.3 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01652-O-2016

0172-BLY

Excavaciones y Demoliciones Antonio

B27454438

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

17.6.2016; 19:50.00; N-540; 1

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-01968-O-2016

4568-DPN

Grupo SF Logística Portuaria, S.L.

B64397185

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

17.10.2016; 20:13.00; A-8; 574,0

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros