Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada da subministración de unidades de identificación para gando bovino e ovino-cabrún durante os anos 2017 e 2018 (expediente 4/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 914.000 unidades de identificación para gando bovino e 66.000 para gando ovino-cabrún durante os anos 2017 e 2018

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93993

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 24 de decembro de 2016, BOE do 2 de xaneiro de 2017 e DOG do 13 de xaneiro.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 723.988,60 € (sen IVE).

Valor estimado: 1.737.572,64 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: Felixcan, S.L.U.

c) Importe: 467.108,40 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a oferta economicamente máis vantaxosa e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural