Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dos bens incautados no expediente sancionador PESAN1 2005/689-5.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dos bens incautados.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada dispón dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

O expediente relacionado no anexo atópanse á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 29 de maio de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PESAN1 2005/689-5.

Persoa interesada: José Ramón Lorenzo Rodríguez.

NIF: 36075052N.

Último enderezo coñecido: avenida de Vigo, nº 138, 2º, Redondela.