Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de xuño de 2017 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/423/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/423/2015-RP1, a María Fernanda López-Valeiras González, en relación coas obras consistentes na construción de dúas casetas metálicas sobre un chan de formigón, no lugar de Laxoso de Arriba, no termo municipal de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística