Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28346

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación do arrendamento dun inmoble para servizos sociais da terceira idade.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do arrendamento dun inmoble para servizos sociais da 3ª idade en Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do arrendamento dun inmoble para servizos sociais da 3ª idade en Sanxenxo.

2. Duración do contrato: será de dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Prezo de licitación: por mes con IVE (21 %) é de 1.330,00 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, dentro do prazo de quince (15) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 9 e 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Local ofertado: ata un máximo de cincuenta (50) puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar a seguinte documentación descritiva da edificación ofertada:

i. Un plano do local a escala mínima 1/100 do estado actual e do acondicionamento que é necesario realizar, en que se xustifique o cumprimento de toda a normativa establecida no prego de prescricións técnicas e cunha distribución indicativa deste para o desenvolvemento do obxecto do contrato, así como a súa situación e emprazamento.

ii. Memoria das obras necesarias para adecuación do local á actividade que se pretende, dado que se valorará que o local estea acondicionado ou con obras mínimas de adecuación para o cumprimento da normativa para o uso que se pretende, ou sobre aqueles outros que precisen obras de acondicionamento total.

b) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación mensual, co IVE (1.330,00 €). Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: serán designados os seus membros por resolución da presidencia de Terra, de acordo co sinalado na cláusula 11ª dos pregos respectivos.

8. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil do contratante.

Sanxenxo, 1 de xuño de 2017

Telmo Martín González
Presidente do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo