Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 329/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 329/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Reimúndez Patiño contra Técnicas y Sistemas de Aplicación Resinas, S.L. e Fogasa sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo fallo di: que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Guillermo Reimúndez Patiño, contra a entidade Técnicas y Sistemas de Aplicación Resinas, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que o demandante foi obxecto en data do 24 de febreiro de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes, desde a data da presente resolución (15.5.2017), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando á entidade Técnicas y Sistemas de Aplicación Resinas, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 4.938,08 €, e por salarios de tramitación a razón de 3.780,35 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á Empresa Técnicas y Sistemas de Aplicación Resinas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza