Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da ampliación do uso dotacional público de equipamento asistencial (sistema xeral) no edificio do antigo fogar provincial de Santa María, sito na rolda da Muralla.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 6 de abril de 2015, procedeu, pola vía do artigo 47.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), á ampliación do uso dotacional público de equipamento asistencial (sistema xeral) no edificio do antigo fogar provincial de Santa María, sito na rolda da Muralla, dentro do ámbito do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado da cidade de Lugo (PEPRI), para os usos dotacionais públicos de equipamento administrativo e educativo (sistema xeral).

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 9 de abril de 2015

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

José Antonio Carro Asorey
Secretario xeral do Pleno