Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social.
Por Resolución do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.
Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar, con carácter definitivo e por categoría, a relación das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.
Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderase examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría, no anexo desta resolución.
Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
|||
Presidente/a titular |
García Navas, Javier |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información |
Secretario/a titular |
Castelao Boga, María |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo de xestión da función administrativa |
Vogal titular |
Martínez Castro, Francisco José |
Persoal funcionario grupo C. Escala sistemas e tecnoloxías da información |
|
Vogal titular |
Mosquera Mato, Diego |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal titular |
Rodríguez Fernández, Dulce María |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Presidente/a suplente |
Pintos García, Manuel Anxo |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información |
Secretario/a suplente |
Alonso Padín, Luís |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo de xestión da función administrativa |
Vogal suplente |
García Dieste, José Javier |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal suplente |
Puga López, Rosa |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal suplente |
Rimada Mora, Dolores |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información |
Técnico/a de xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
|||
Presidente/a titular |
Tombo Guerner, Francisco Javier |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Secretario/a titular |
Ríos Carro, María José |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo de xestión da función administrativa |
Vogal titular |
López Pérez, Luis Ricardo |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal titular |
Blanco Prado, M.ª Jesús |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal titular |
Villar Mantiñan, José Luis |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Presidente/a suplente |
López Pérez, Óscar |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Secretario/a suplente |
Castelao Boga, María |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo de xestión da función administrativa |
Vogal suplente |
García Vallejo, Ana Isabel |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal suplente |
González Pérez, Juan Manuel |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Vogal suplente |
Montero Santoveña, Gustavo Alberto |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información |
Traballador/a social |
|||
Presidente/a titular |
Caballero González, María Emma |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Secretario/a titular |
Martínez Blanco, Ramón |
Persoal funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia |
|
Vogal titular |
Álvarez Bouzas, José Antonio |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Vogal titular |
Méndez Rodríguez, Rosa |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Vogal titular |
Rodríguez Vázquez, Purificación |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Presidente/a suplente |
Pereira Moreno, María Belén |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Secretario/a suplente |
Rios Carro, María José |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo de xestión da función administrativa |
Vogal suplente |
Abeal Abeledo, María Xesús |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Vogal suplente |
Fernández Fernández, María Luisa |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |
Vogal suplente |
Fernández Méndez, María Sagrario |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Traballador/a social |