Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28954

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a selección, polo sistema de oposición libre, dun técnico en turismo, a xornada completa, na modalidade de funcionario interino para a execución dun programa de carácter temporal.

Por Resolución da Alcaldía do 31 de maio de 2017, convócase proceso de selección para seleccionar un técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1, a xornada completa, baixo a modalidade de funcionario interino acollido á execución dun Programa local de desenvolvemento turístico.

O período de duración da interinidade comprenderá desde a data de toma de posesión do funcionario que resulte seleccionado ata o 31 de decembro de 2017.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do concello e tamén saíran publicadas no Boletín Oficial da provincia.

Arzúa, 7 de xuño de 2017

José Luis García López
Alcalde